Lugo, 23 de decembro de 2017. A Deputada de Cultura, Artesanía, e Educación, Pilar García Porto, participou este sábado na entrega dos premios do VI Concurso de Postais de Nadal, organizado pola FAPACEL (Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo e que tivo lugar na Sala dos Mosaicos do Museo Provincial de Lugo. O Executivo Provincial colabora coa FAPACEL cunha achega económica de 10.000 euros para a celebración de diversas iniciativas escolares na provincia durante todo o ano.
Nesta VI edición do Concurso de Postais de Nadal participaron preto de 130 alumnos de toda a provincia, dos cursos de infantil e primaria. O mestre de cerimonias da entrega de premios foi Rubén Pombo e a animación musical correu ao cargo do grupo Axeigo.
Gañadores
Os gañadores das tres categorías foron:
– Premio Infantil: Xulieta González, CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela
– Premio Primaria I (1º a 3º): Pablo Lamas, CEIP de Paradai de Lugo
– Premio Primaria II (4º a 6º): Antón Avilés, CEIP de As Mercedes de Lugo
FAPACEL
A Federación de ANPAS de Centros de Ensino Público da provincia de Lugo é unha asociación de ANPAS que defende e promulga un modelo de escola pública, participativa, integradora, laica, pluralista e que eduque na diversidade, na tolerancia, na solidariedade e sen discriminación por razóns éticas ou de sexo. Dende o ano 1980 esta federación, formada por máis de 100 ANPAS de toda a provincia, ven traballando, de forma voluntaria, coa finalidade de contribuír a mellorar a educación dos seus fillos.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



