Lugo, 20 de decembro de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este mércores no CENTRAD a programación de actividades que o Goberno da Deputación leva aos Concellos da provincia de xeito totalmente gratuíto, con motivo do Nadal. Son concretamente 85 actividades en 61 Concellos, nas que haberá maxia, circo, títeres, musica en directo, contacontos, teatro, concertos e actuación de corais. Na capital lucense as actividades xa comezaron coas actuacións das 12 corais polas rúas do casco histórico. A programación nos restantes Concellos lucenses arrincará o vindeiro 26 de decembro e rematará o 7 de xaneiro de 2018.
García Porto avanzou que “dende o Goberno da Deputación, con esta iniciativa totalmente gratuíta, queremos contribuír a que todos os Concellos da provincia poidan dinamizar a vida cultural, especialmente no rural, durante a época do Nadal. Nesta variada axenda lúdica que ofertamos de balde poderán participarán máis de 2.000 persoas de todas as idades, co obxectivo de promocionar o traballo de artistas locais ao tempo que enchemos de cultura as rúas da maioría dos municipios da provincia.”
A Deputada de Cultura informou que “esta programación conta con 16 espectáculos de títeres, 15 actuacións de circo, 8 de maxia e 3 teatro. No apartado musical ofrecemos 9 concertos de musica clásica ou popular, 5 de contacontos musicais e outros 5 espectáculos musicais dirixidas ao público familiar”.
Programación
26 de decembro
– Nono no Corgo ás 12:00 horas no Centro Sociocultural.
– Lila Star en Pantón ás 11:30 horas no Edificio sociocultural.
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” en Pedrafita do Cebreiro ás 17:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Rábade ás 17:00 horas no Salón de actos do Centro Sociocultural.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Riotorto ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
27 de decembro
– Nono en Abadín ás 11:00 horas no Ximnasio do Colexio Novo.
– Lila Star en Baralla ás 17:30 horas no Centro Socioxuvenil.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Triacastela ás 16:00 horas na Sala de usos múltiples “Fonte do Luar”.
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” en Monterroso ás 12:00 horas no Espazo Cultural Lorenzo Varela.
– Teatro De Marionetas Trécola “The Piccole Theatre” en Navia de Suarna ás 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.
– Concerto Punkinfantil en Pol ás 11:30 horas no Centro Sociocultural de Mosteiro.
– Mago Deimi “Apren-Deimi” en Sober ás 18:00 horas no Centro sociocultural.
28 de decembro
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” no Incio ás 18:00 horas no Local Social de Eirexalba.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Outeiro de Rei ás 12:00 horas na Casa da Cultura.
– Concerto Punkinfantil na Pastoriza ás 17:00 horas no Salón de actos do Concello.
– O Pozo Das Señoras en Friol ás 11:00 horas no Centro Sociocultural.
– Davide Salvado con Pedro Pascual en Lourenzá ás 21:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Mago David Méndez “Andando A Terra” en Taboada ás 19:00 horas no Salón de actos (Antigo cuartel).
29 de decembro
– Nono en Bóveda ás 18:30 horas no Centro sociocultural.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Quiroga ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Ourol ás 17:00 horas no Edificio multiusos.
– Teatro De Marionetas Trécola “The Piccole Theatre” en Guntín ás 17:00 horas no Centro Sociocultural.
– Concerto Punkinfantil en Láncara ás 20:00 horas no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” na Fonsagrada ás 17:00 horas no Salón de actos.
– Titereficciós “Cantos Contos Contas” en Trabada ás 17:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Zoelas en Burela ás 21:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
– Banda Folk De Ribas De Sil en Guitiriz ás 20:00 – 20:30 horas na Casa Habanera.
30 de decembro
– Nono en Negueira de Muñiz ás 16:00 horas na Antiga Escola de Ernes.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Castroverde ás 18:00 horas no Salón de actos do CPI de Castroverde.
– Concerto Punkinfantil en Alfoz ás 17:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– O Pozo Das Señoras en Cervo ás 12:00 horas na Carpa na Praza dos Campos en San Cibrao// Casa da Cultura de San Cibrao.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” na Pontenova ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
– Mago David Méndez “ANDANDO A TERRA” en Folgoso do Courel ás 18:00 horas na Antiga Escola de Moreda.
– Tango En Xan3iro en Antas de Ulla ás 19:30 na Casa da Cultura.
– Luca Camerata en Monforte de Lemos ás 20:00 horas na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.
– Milesios en Vilalba ás 21:00 horas na Carpa na Praza da Constitución.
– Os Baluros “O Menciñeiro Á Forza” en Xermade ás 17:00 horas no Salón de actos do Colexio de Xermade.
– Banda Folk De Ribas De Sil en Barreiros ás 20:00 horas no Salón de actos dos Colexios Vellos en San Miguel de Reinante.
2 de xaneiro de 2018
– Trasno en Begonte ás 12:30 horas na Casa da Cultura.
– Nono en Castro de Rei ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.
– Autoestopista Intergaláctico en Ribas de Sil ás 17:00 horas no Salón de actos.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Baleira ás 18:00 horas no Salón de actos do Centro Sociocultural do Cádavo.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” en Mondoñedo ás 20:00 Salón de actos da Casa da Xuventude.
3 de xaneiro de 2018
– Autoestopista Intergaláctico no Páramo ás 13:00 horas na Casa do Concello / Centro social.
– Lila Star no Vicedo ás 17:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Cospeito ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Feira do Monte.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” na Pobra do Brollón ás 19:00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.
– Mago Deimi “Apren-Deimi” en Palas de Rei ás 17:30 na Casa do Concello.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” en Becerreá ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Magín Blanco “Letras E Notas” no Saviñao ás 18:00 horas no Auditorio municipal.
– Os Ghazafelhos “Iriña Bailarina no Valadouro ás 12:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Luca Camerata en Ribadeo ás 20:00 horas no Auditorio municipal Hernán Laval.
4 de xaneiro de 2018
– Nono nas Nogais ás 17:00 horas no Centro Sociocultural.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Foz ás 18:30 horas na Sala Bahía.
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” en Meira ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Carballedo ás 17:00 horas no Salón de actos do Concello.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Muras ás 19:00 horas no Local Social.
– O POZO DAS SEÑORAS en Samos ás 16:30 horas nas Vivendas Comunitarias.
– Os Ghazafelhos “Iriña Bailarina” en Portomarín ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
– Tango En Xan3iro en Sarria ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
7 de xaneiro de 2018
– Mamá Cabra “Estación Nadal” en Viveiro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



