Lugo, 18 de decembro de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron este luns na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Mallo editado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.
García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un modelo a seguir. Mallo segue a ser exemplo de valentía, liberdade e defensa dos dereitos das mulleres, nun mundo de homes e nunha época de prohibicións e represión”.
Loureiro García subliñou que “Mallo é sen dúbida un dos expoñentes máis importantes das artes da nosa provincia, unha veciña que levou o nome de Viveiro alí por onde foi. É por iso polo que durante todo este ano, ofrecemos ducias de actividades dirixidas a recoñecer e pór en valor a súa figura, co fin de dar a coñecer as súas composicións artísticas que destacan pola súa altísima calidade”.
Carballo Calero agradeceu a colaboración do Goberno Provincial nesta publicación “que servirá para promocionar e dar a coñecer a inmensa obra desta artista lucense, pioneira para a súa época”.
Bolseira da Deputación
A artista viveirense mantivo unha estreita relación coa Deputación de Lugo durante varios anos da súa produción artística. A Mallo concedéuselle unha bolsa para estudos de pintura en Madrid que se ampliará máis tarde ata cumprir os 3 anos. Esa relación plásmase en obras coñecidas como o estudo realizado en lapis sobre papel, datado no 19 de outubro de 1927 e asinado co seu nome, Ana María Gómez, entregada ao organismo provincial e que hoxe forma parte da Colección do Museo Provincial de Lugo.
Maruja Mallo
Maruja Mallo naceu en Viveiro, en 1902, co nome de Ana María Gómez González e no seo dunha familia de boa posición. Xa moza, trasladouse a Madrid, onde mantivo relación con artistas como Margarita Manso, María Zambrano e Rafael Alberti. Durante a década de 1920 traballou para numerosas publicacións literarias e realizou portadas de varios libros, así como exposicións. En 1932 viaxou a París, onde entrou en contacto co surrealismo, e participou en parladoiros con André Breton e Paul Éluard. Dende ese momento a súa pintura cambia radicalmente, influenciada polo surrealismo. En 1937, debido á Guerra Civil que se estaba vivindo en España, viaxa a América, onde pasará o seu exilio en Arxentina e Estados Unidos. Regresou a España en 1962, onde realizou varias exposicións. En 1982 recibe a Medalla de ouro das Belas Artes, concedida polo Ministerio de Cultura. Finou en Madrid en 1995, a idade de 93 anos.
María Victoria Carballo-Calero
A autora do libro é catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo. Académica de número da Real Academia de Belas Artes de Galicia. Correspondente das Reais Academias de San Fernando (Madrid) e Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Decana da Facultade de Historia da Universidade de Vigo durante 8 anos. Vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística 2010.
Algúns dos seus traballos máis destacados son: La ilustración en la Revista Nós (1983); Os Castelaos de Ourense (1985); Julia Minguillón y Maruja Mallo. El reencuentro con la modernidad en la posguerra (2001); Do realismo do Álbum Nós ao expresionismo das estampas de guerra (1916-1939); entre moitos outros. Recentemente, realizou a edición da obra Castelao en el arte europeo de Siro López (2015) e outros artigos como: “Caricatura e debuxo de humor”, en Castelao artista: Os fundamentos do seu estilo (105-1920), Museo de Pontevedra, (2016).
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



