A Mariña, 12 de decembro de 2017. A Mancomunidade de Municipios da Mariña aprobou no pleno celebrado onte en Ribadeo o orzamento do 2018 que ascende a preto de 60.000 euros. Esa é a cantidade que aportan os concellos máis o que recibe pola retirada de roupa usada. A Mancomunidade tamén falou da presenza da Mariña en Fitur e de demandar a colocación dos horarios dos autobuses que circulan pola comarca nas estacións e nas paradas.
O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, contou que “realizamos un pleno ordinario da Mancomunidade para rematar o ano, que tocou un Ribadeo, estivemos alí unha boa representación dos Concellos de toda a comarca. Basicamente o que se fixo foi aprobar o orzamento para o exercicio 2018, que rolda os 60.000 euros. Iso é o orzamento do que aporta cada Concello pola cantidade de poboación que ten, que son 0´72 euros por habitante. Os 16 concellos suman aproximadamente 52.000 euros máis 6.000 euros que nos aporta a empresa que temos contratada para a retirada de roupa usada. Iso é independente das subvencións e de todo o que temos por exemplo coa Axencia de Turismo de Galicia, que aporta unha boa cantidade á Mancomunidade para levar adiante programas de turismo. Tamén hai outro tipo de subvencións como a de Medio Ambiente e incluso as dos Plan Avanza. Pero o aporte dos Concellos é o que dá lugar ao orzamento co que contamos”.
Alfredo Llano explicou que “tratamos a participación en Fitur do ano 2018 que vai ser en Madrid os 17, 18 e 19 do próximo mes de xaneiro. Estivemos falando de organizarnos, de tratar de facer unha boa labor, de procurar chamar a atención e presentar a nosa oferta da mellor maneira posible. Quedamos en configurar entre todos algo que sexa compartido pola comarca da Mariña”.
O presidente da Mancomunidade seguiu a relatar que “tamén falamos das liñas de transporte de viaxeiros en autobús porque agora están facendo as cercanías as empresas Morán e Rodríguez, a Ute que está facendo agora está labor está funcionando ben. Pero hai cousas que queremos que melloren como que os horarios dos autobuses estean postos nas estacións e que estean ao día, e onde hai unha parada que estean postos tamén eses horarios. Agora mesmo non hai esa información, pero se os hai non coinciden coa realidade, e parécenos que teñen que modificalo urxentemente. Na programación dos autobuses da Mariña agora están cubertos os servizos, pero Ourol reclama tamén unha liña para viaxar a Viveiro os xoves, e na Pontenova tamén sacaron unha das liñas que vai a Ribadeo que hai que mirar se é bo ou non que se quitara. En principio máis ou menos os concellos están atendidos. Pero nos horarios que hai para saír da comarca imos reclamar que se mellore o que vai a Lugo. Agora témolo ás dez e media para saír de Burela o que non beneficia a ninguén que queira facer xestións en Lugo a primeira hora da mañá. Tamén imos facer unha reclamación dos que van a Coruña e a Santiago, que son os máis deficitarios agora mesmo”.
Avespa velutina
Alfredo Llano salientou que “neste pleno a Asociación Galega de Apicultores explicounos a iniciativa que queren implantar na comarca da Mariña a través dun plan piloto que consiste en colocar 5.000 trampas para que caigan raíñas da velutina. Ese plan piloto procura limitar a presenza da velutina, pero tamén trae consigo un estudo de todo o que se faga a partires do mes de marzo, que sería cando se instalarían esas trampas. Na Mariña hai 1.944 núcleos de poboación e colocaríanse neses núcleos en proporción á súa importancia. Como onte non estaban todos os Concellos presentes no pleno da Mancomunidade non tomamos ningunha decisión. Isto penso que hai que razoalo máis porque creo que todos os Concellos da Mariña debemos implicarnos ou tomar unha decisión conxunta sobre este tema. Imos facer unha reunión específica para falar deste tema da velutina e da problemática en xeral. Sacaremos algunha conclusión, que será a que se aplique posteriormente. Vou convocar aos alcaldes de toda a Mariña para a semana que ven, o día 19 ou 20, para facer esa reunión”.
Tren
Alfredo Llano reclamará na comisión técnica de traballo da que forman partes os Concellos de Ortegal, Ferrolterra e A Mariña a posta en marcha do tren de cercanías na comarca: “acordamos reclamar que se poña tren de cercanías na comarca, e que os horarios cubran as necesidades de traballadores e usuarios do hospital, e estudantes pola mañá, que poidan saír por exemplo de Viveiro e de Ribadeo ás sete ou sete e media. Despois á tarde que se volva recuperar o servizo para que se faga o regreso. Basicamente o que queremos é que se recupere o tren de cercanías na comarca da Mariña, e é o que imos defender nesa comisión técnica”.
A Mancomunidade solicitará no 2018 subvencións para repoñer contedores do lixo nos 16 Concellos que a conforman e para levar adiante unha nova edición do Plan Avanza, “que tan bos resultados nos deu aos 6 concellos que participamos na primeira. Estamos moi satisfeitos co resultados porque fomos capaces de reinsertar laboralmente a 17 persoas”.
No pleno celebrado onte tamén se acordou colocar sinalización específica da comarca da Mariña en toda a zona “para que quen nos visite saiba con exactitude en que zona se atopa”. Ademais a Mancomunidade de Municipios da Mariña volverá presentarse aos premios Coopera.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



