Burela, martes 5 de decembro. A Mariña Benxamín de Fútbol Sala xa está preparada para medir as súas habilidades mañá no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo que se disputará no municipal de Baamonde entre as 9.30 horas e as 13.00 horas. A Terra Chá, Lugo e Sur/Montaña son os combinados rivais dunha selección que conta con representación de seis escolas da bisbarra.
Con David Riveira, da ACD Xove, e Jesús Ares, de Castrelo FS, á fronte e coa coordinación da Fundación Imdecum, o combinado, que tivo o último adestramento o domingo en Xove, está composto por: Gabriel Díaz, Mateo Domínguez, Daniel Rodríguez, Borja Cortegaza, Daniel Novo e Pedro Balseiro, de Castrelo FS; Walter Gonçalves, de Pescados Rubén Burela FS; Antón Fernández e Pedro López-Leitón, de AD Santiago de Foz, Christian Cociña, de ACD Xove; Xián Cibrero, de ED Lourenzá; e David López, de ED Barreiros.
Horarios
SEMIFINAL 1: 9:30 horas. TERRA CHÁ – LUGO
SEMIFINAL 2: 10:30 horas. A MARIÑA – SUR/MONTAÑA
PARTIDO 3-4º PUESTO: 12:00 horas.
FINAL: 13:00 horas.