Lugo, 28 de decembro de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio consolida a conservación dos hábitats naturais da costa lucense a través dunha campaña, que se desenvolverá ao longo das próximas semanas, dirixida a controlar e erradicar as especies exóticas invasoras.
Trátase dunha actuación que, segundo explicou o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, permitirá a eliminación de varias destas malas herbas e moi en particular, das popularmente coñecidas como plumacho da Pampa (Cortaderia selloana), a uña de gato (Carpobrotus sp) e a agave americana.
Prioridade: a rede de espazos naturais
“Estamos a falar -engadiu Balseiro- dunha acción que ten por finalidade a contención destas especies fóra dos espazos naturais costeiros para evitar a degradación de hábitats e favorecer a conservación da flora autóctona ameazada. O obxectivo que se consegue é protexer e por en valor espazos de gran riqueza natural”
En consecuencia os traballos realizaranse prioritariamente na contorna da rede de espazos naturais da costa, como son a zona das Catedrais, na Ría Foz-Masma, no río Ouro e na zona da mariña Occidental.
Ao tratarse dunha acción única no conxunto da Comunidade autónoma os traballos sobre o terreo dependerán da evolución e do remate previo noutras áreas, pero o programación de actuacións prevé comezar nas vindeiras semanas desde Ribadeo e rematar a finais do vindeiro mes de xaneiro no Vicedo.
Entre outros, está previsto actuar en Rinlo, na ensenada das Cegoñas, praia dos Castros, praia das Catedrais – Area Longa, Punta do Castro, Praia de Altar e Anguieira, Ponte da Espiñeira, Ponte da Espiñeira, desembocadura do rio Ouro, Praia de Lago, Praia de Portocelo, Praia de Esteros, Praia de Area, Praia da Covas, Rio Landro e Praia de Xilloi, entre outros.
Ao tratarse de especies exóticas de alto impacto onde non é doada a súa erradicación, as accións están dirixidas a evitar a súa expansión (contención) ou limitar os danos que producen en hábitats ou especies sensibles (control), considerando principalmente a Rede Natura 2000.
Ademais co obxecto de intentar extraer conclusións que permitan marcar as pautas en futuras actuacións, contemplase facer un seguimento dos traballos de xestión realizadas que permita asegurar a eficacia dos métodos de control aplicados, a evolución do hábitat, a aparición de novas especies invasoras, etc.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



