José Landeira Yrago, escritor e xornalista, redactor-xefe do Faro de Vigo, e amigo íntimo do mindoniense, cando éste en 1965 accede á dirección, Landeira pasa a subdirector ás ordes daquél. Ó producirse a marcha de Cunqueiro do Faro (1970) négase a sustituilo na dirección. Mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do vetusto xornal, no que permañeceo ata a xubilación. Á súa morte (1995) deixou unha ducia de libros publicados e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografados), inéditos, referidos á personalidade do autor de “Merlín e familia”, dende unha óptica que non é coñecida do gran público. “Sobre las fugas de Cunqueiro” foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o neto Renato, abogado e xornalista, dispón das notas do avó que ordea e actualiza “en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista” editándose co devandito título. Foron cinco anos de obra conxunta Landeira-Cunqueiro; Cunqueiro-Landeira no Faro, de traballo diario, pero tamén moito de fugas.. A obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, de xuizos literarios e reflexión amena sobre a súa vida, preñada de anécdotas; a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ó tempo que debuxa as peripecias dun escritor obrigado a exercer o traballo de periodista como medio de vida. Trátase do Cunqueiro mais humán, mais amigo dos seus amigos, mais creativo e mais inconformista…
Na Redacción de “La Voz de España”, onde Cunqueiro escribía a sección “Verbas”, entrou nunha ocasión o redactor-xefe cunha fotografía na man, preguntando quén sabía inglés para traducir o pé da mesma. O único que dixo saber o idioma foi don Alvaro. Traduciu o pé sen a menor dificultade. Dias despois ocurríu o mesmo con outra foto da mesma axencia, cuxo pé tradicíu nun santiamén. Unha vez publicados, o representante da axencia fixo saber á redacción que os textos dos pés, supostamente traducidos, nada tiñan que ver co asunto das fotografías. Sospeitouse que daquela aínda Cunqueiro non sabía inglés. Un compañeiro redactor quixo comprobalo: recortou unha crónica dun xornal inglés e, de parte do director, pediulle ao mindoniense que o traducise. Éste, sen inmutarse, negouse.”Eu viñen eiquí, dixo, como redactor; se queredes tamén que faga de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo…”
En 1940 cando Manuel Halcón, gran amigo de Cunqueiro, xa non dirixía o ABC, recibiu dende Mondoñedo unha carta déste con data 11-12-40, na que lle decía: “Querido Manolo: me caso el miércoles,18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte, en la D. G. de S., pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros…”.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



