E explican que “actualmente estamos consumindo máis recursos dos que o planeta pode xerar, en tarefas da vida diaria como son: cociñar os alimentos, desprazarnos, quentar o noso fogar, etc.. consumimos sobre todo enerxía eléctrica e obtida da utilización de fontes, que na maior parte dos casos, non son
renovables, esgotando os combustibles fósiles (carbón, petróleo,gas natural)”. Desde Gaia engaden que “entre os temas que se trataron destacan: os tipos e fontes de enerxía, ventaxas e inconvenientes do uso de enerxías renovables e non renovables, distribución das reservas mundiais, tarifas de discriminación horaria, uso de lámparas de baixo consumo, etc…”. Pola súa banda, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, sinalou que “vivimos nunha sociedade e a un ritmo que obriga a adquirir máis conciencia sobre o noso consumo enerxético e con esta charla pretendemos concienciar aos rapaces da importancia do consumo e do aforro enerxético nos seus fogares”.
