A Taberna Gastronómica Cornelius, ubicada na Praciña da Herba de Viveiro, anuncia que regalará o importe dunha compra realizada este Nadal no comercio da Mariña Lucense por un dos seus clientes. Con esta novedosa promoción trátase de fomentar as compras no comercio local. O seus clientes poden participar co ticket de calquera compra realizada nun comercio de A Mariña Lucense antes do 10 de xaneiro, depositándoo cos seus datos persoais no buzón da campaña situado dentro do local. Despois desta data escollerase por sorteo un dos tickets e o premio será o importe desa mesma compra en metálico, establecendo un premio máximo de 300 euros no caso de que a compra fora superior a ese importe. O título desta promoción é “Facendo Co-Mar-Ca”, defendendo así as compras de calidade dentro dos comercios locais da Mariña Lucense.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



