Xove 19-12-17. A Piscina Municipal de Xove está en obras dende comezos de agosto, consistentes en cambio de parte do teito, obra realizada pola empresa xovense EVOX e dotación dunha nova climatización interior da Piscina, a cargo da empresa IAM RUMBO de A Coruña.
En canto á obra de sustitución do teito, procedeuse á sustitución da metade que había quedado do pasado ano, co cal o que fixo EVOX foi completar a obra de sustitución integral do teito.
Cambio da climatización da Piscina Municipal coa instalación dunha nova maquinaria
Unha vez rematada a obra do teito, procedeuse a sustitución da vella climatización. Para esta importante obra presentáronse un total de 10 empresas, que contaban cunha licitación de 253.180,70 €uros. Resolto o concurso, a empresa IAM RUMBO fíxose coa obra por un importe de 189.171,98 €uros, cunha rebaixa do 25 %. Esta obra supón unha mellora moi grande na climatización interior da piscina, cun control máis exhaustivo e exacto da humidade e da temperatura, o que se consigue grazas á instalación de máquinas ultramodernas de última xeneración.
A nova climatización supón unha maior temperatura ambiental na piscina e unha menor humidade, polo que a sensación térmica dos usuarios vai mellorar moito. Toda esta mellora na climatización é posible porque acaba de instalarse unha nova máquina climatizadora de última xeneración, moito máis potente e efectiva, a cal xa está en funcionamento; lóxicamente, ademáis da máquina, cambiáronse tódalas tuberías de conducción do aire na piscina; ao ser unha máquina moito máis potente que a antiga, move moitos máis metros cúbicos de aire, polo que as tuberías de conducción teñen tamén moito máis grosor. A nova climatización cumpre con total holgura tódolos parámetros (temperatura e humidade) que a normativa vixente lle esixe a unha instalación deste tipo.
Temos que decir que a instalación dunha nova maquinaria de climatización foi lóxica e necesaria, se temos en conta que a piscina de Xove (piscina pública climatizada máis antiga da Provincia de Lugo) cumpleu neste 2017 os seus 30 anos de funcionamento.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



