Rematou a campaña de recollida de xoguetes Dalle a volta ao Nadal, que un ano máis organizou o Concello de Ribadeo para que ningún nen@ quede sen agasallos nestas festas. Aquelas familias que precisen xoguetes para os seus nenos e nenas o único que teñen que facer é achegarse desde este mesmo momento ao auditorio municipal, ao departamento de Servizos Sociais, para elixir os agasallos. Poden facelo esta semana en horario de mañá e de cara á chegada de Papá Noel. E despois ata o 5 de xaneiro pensando nos Reis Magos. Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios agradecen “a colaboración e a solidariedade para que ningunha nena e ningún neno queden sen xoguetes nestas datas tan especiais. A veciñanza responde moi ben todos os anos á nosa chamada e sempre contamos con moitos xoguetes”.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



