Burela, 20 de decembro de 2017. Aínda quedan entradas para o ballet El lago de los cisnes que estará en Burela este venres, 22 de decembro, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O espectáculo consta de dous actos, o primeiro dura 53 minutos, despois haberá un descanso e o segundo acto ten unha duración de 43 minutos. O concelleiro de Cultura, José Díaz, anima á xente a facerse coas últimas entradas. Pola súa banda o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, subliña que estamos diante dun fito importante na historia da cultura en Burela e na Mariña porque é a primeira vez que un ballet se pode ver nesta comarca.
O concelleiro de Cultura quixo hoxe “animar a todos los bureleses y mariñanos en general a que se acerquen este viernes 22, día de la lotería, a las nueve de la noche al auditorio, para asistir en directo al ballet clásico El lago de los cisnes que nos trae Concert Lírica, la misma compañía que nos trajo las dos óperas anteriores”.
José Díaz comentou que “la venta la verdad es que va bie, pero aún quedan butacas libres sobre todo en el anfiteatro 1, y nos gustaría que para acabar el año y en estas fechas navideñas tuviéramos el auditorio una vez más lleno, como algunas veces más que pasó este año. Estoy convencido de que el espectáculo va a ser del interés de la gente, va a gustar, y que probablemente tengamos que repetir el año que viene”.
O edil burelés aclarou que “no habrá orquesta en directo. Es un ballet clásico que viene sin ella, suele ser así, el formato es este. Es un ballet sólo sin orquesta y llevan la música aparte, y lo que tenemos en el escenario son todos los bailarines, siempre hay un par de estrellas y el resto hasta conformar los 18 en total que participarán en este ballet. Serán dos actos, el primero dura 53 minutos, el segundo 43 minutos y por el medio habrá una pausa de 20 minutos. Yo creo que es bueno comentar estas cosas para que la gente lo sepa cuando se siente allí, que tenga un poco de idea de lo que va a pasar, cómo se desarrolla todo, y cuando será el descanso. No lo hicimos en la ópera anterior y en esta ocasión nos parece interesante tener esa información”.
José Díaz animou “a los que todavía no tengan entrada a que, si están ese día por la zona, se acerquen porque es un espectáculo que merece la pena y que no es fácil tener en A Mariña”.
Pola súa banda o director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, cre que “estamos ante un fito importante na historia da cultura en Burela e da cultura en toda A Mariña. Que eu lembre, creo que é a primeira vez que podemos gozar dun ballet en directo, e nada mellor que un dos ballets das coreografías máis internacionais que é O lago dos cisnes de Chaikovski. Un dos ballets máis importantes escrito por encargo dese centro da coreografía que é o Teatro Bolshoi de Rusia, que foi estreado no 1875 aproximadamente, e a verdade é que é un dos máis, por non dicir o máis importante, que está na retina e nos oídos de todos, a música fantástica que compuxo Chaikovski para este ballet. Hai que lembrar que este compositor ten outro dos grandes ballets que é O quebranoces. Quero animar tamén ao concelleiro José Díaz para que nos vindeiros anos se anime a traer máis ballet porque creo que é importante”.
Xan Carballal animou “a todos xa que a ópera está tendo tanto éxito, e a verdade é que estamos nun momento que particularmente creo que é interesante facer unha programación cunha estabilidade dentro da música clásica do cal carecemos na Mariña. Quero animar a todos tanto de Burela como da comarca a que se acheguen o día 22 para gozar deste grandioso espectáculo”.
O director da Escola de Música de Burela contou que “normalmente a diferenza dos palacios de ópera, os corpos de baile non teñen orquestra porque para ensaiar prefiren ter algo máis estable como é unha gravación. Raramente se fai unha representación con orquestra. Eu particularmente teño dirixido algunha vez e a verdade é que é bastante, creo que se lle pode chamar, ata incómodo para un director e para unha orquestra, e para o mesmo corpo de baile dado que ten que ser unha cousa con moita exactitude. Así como na ópera é imprescindible que haxa apoio orquestral en directo dado que é un drama e depende sempre do momento, pero non así no ballet onde os parámetros teñen que ser moi exactos porque é o que necesita un bailarín. Normalmente por comodidade as representacións de ballet soen ser sen orquestra en directo”.



















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



