Burela, 18 de decembro de 17. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, atacou hoxe á “axenda de recortes e desmantelamento de recursos públicos” do PP, que ve “moi lesiva para o conxunto do país”. Así o dixo logo dun encontro coa xunta de persoal do Hospital da Costa, en Burela, xunto con cargos institucionais e orgánicos do PSdeG, en contra da reforma da Lei de Saúde presentada por Feijóo.
O líder dos socialistas galegos criticou o “erro” que supón o “desmantelamento” da área sanitaria da Mariña, xunto coas do Salnés, Monforte e Valdeorras, que quedarán integradas nos hospitais provinciais de referencia, afastando os recursos dos veciños. Criticou á “recortadora de dereitos” que supón “a dereita e os gobernos do PP”, e ratificou o compromiso dos socialistas galegos coa sanidade pública.
Trátase, explicou, dunha “cuestión vital para Galicia e o conxunto da cidadanía galega”, e defendeu unha “sanidade pública, gratuíta e próxima á cidadanía”. Cuestionou o recorte de servizos, nesta ocasión na área da Mariña en concreto, e subliñou o “compromiso dos socialistas galegos para defender toda a capacidade de acción posible para o Hospital da Costa”.
O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións ás portas do Hospital, logo de manter un encontro coa xunta de persoal, e no transcurso dunha concentración en protesta acompañado por representantes dos alcaldes, alcaldesas, portavoces e secretarios xerais das agrupacións socialistas da comarca.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



