Foz 19-12-17. O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Como é coñecido por todos, para “Foz, Plataforma de Futuro” a N-642 foi unha das nosas maiores preocupacións dende que levamos traballando na política local en Foz, fixemos numerosa campañas para que foran atendidas as reclamacións dos miles de usuarios que esta estrada ten cada día e trouxemos a Pleno diferentes cuestións relacionadas coa N-642 . Estas campañas xunto a outras reclamacións doutros grupos políticos fixeron que se empezasen a tomar medidas para mellorar o firme da única vía de comunicación por estrada que temos na Mariña. O ano pasado nunha primeira fase procedeuse a reparar parte desta vía ó paso polo noso Concello, pero incomprensiblemente o diñeiro non chegou para reparar todo o treito e a maiores saltouse un tramo do noso Concello como foi o de Fazouro a Cangas que quedou nun estado lamentable. Coa chegada das primeiras choivas deste ano, o tramo entre Fazouro e Cangas, pasou de ser unha estrada en malas condicións a un camiño de carros, con numerosas fochancas, algunha delas imposible de sortear polos vehículos. Isto suporá ver ós operarios de estradas con bidóns de chapapote tapando estas fochancas como estamos acostumados a velos durante os últimos anos. O noso Alcalde ten moita presa por realizar algunhas obras determinadas do noso Concello, pero sen embargo vémoslle pouca preocupación pola estrada N-642.
Somos coñecedores que hai un presuposto aprobado de 3M. de € para acabar de reparar esta vía, temos coñecemento de que esta licitado e adxudicada esta obra, pero polas últimas informacións que temos, non se vai proceder a executar hasta a primavera. A vista de todos está que non se pode esperar a esa fecha, polo estado da N-642 e pola seguridade dos usuarios desta vía, autobuses escolares, ambulancias, etc.
Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar ó Ministerio de Fomento a que axilice os tramites pertinentes e execute a reparación dos tramos que falta da N-642 o máximo posible, para poder circular por esta vía coa máxima seguridade posible.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



