Lugo, 1 de decembro de 2017. O BNG apoiou a mobilización do persoal de ARRIVA que se concentrou diante do edificio da Xunta en Lugo. O deputado provincial do BNG, Antonio Veiga, reclamoulle ao Delegado da Xunta que afronte o problema e se preocupe por este problema que xenerou o PP e sinalou “outra vez o Partido Popular desde a Xunta de Galiza tira a pedra e esconde a man. O seu xeito de xestionar un novo plan de transporte en Galiza conleva que o resultado sexa unha auténtica trapallada que non só non ten beneficios para a comarca, senón que está prexudicando directamente a nove persoas que actualmente seguen sen traballo.”
“Sabemos que para o Partido Popular nove persoas non importan, porque o seu obxectivo seguramente xa estea cumprido, pero desde o BNG queremos poñer todo da nosa parte para que estas nove familias volvan á situación que tiñan antes de que á Xunta de Galiza se lle ocorrera experimentar co transporte público e poñer en risco o emprego”, manifestou Veiga.
Desde o BNG manifestan o seu total apoio ás actuacións reivindicativas que os traballadores están levando a cabo e trasládanlles o “máis enérxico apoio” para que continúen coas concentracións na delegación da Xunta en Lugo. “O señor Balseiro, ao que tanto lle gusta aparecer en fotos e prensa a diario, debería ter un mínimo de dignidade e reunirse coas persoas afectadas. Pero non para cubrir expediente e sacar a foto, senón para garantir unha solución á situación na que levan case catro meses”, conclúen.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



