Mondoñedo, 8 de decembro de 2017.- O Concello de Mondoñedo inicia a vindeira semana a campaña ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’. Así, a administración local xunto á empresa MariñActiva, -que organizou con éxito as rutas do Mariscal- e a establecementos locais lanzan un lote de paquetes turísticos. Unha nova iniciativa turística para que a “xente merque Mondoñedo a máis merque en Mondoñedo”, segundo explica a alcaldesa Elena Candia, quen puxo en valor a diversidade desta oferta, na que se potencia tanto a natureza, como a gastronomía, a artesanía e a historia da cidade.
A rexedora fai fincapé en que “Mondoñedo une colaboración pública e privada para crear o paquete Neste Nadal, regala Mondoñedo”, tanto é así que o obxecto é que “unha escapada con encanto na cidade mariñá se converta no mellor regalo deste Nadal”. Ademais, a través desta iniciativa tamén se invita ás empresas para que elixan Mondoñedo para as súas ceas de Nadal. Os paquetes comezan a comercializarse a vindeira semana dende uns 99 euros.
O produto turístico inclúe ata catro paquetes, que se ofertan baixo os lemas O laberinto habitado: descubre Mondoñedo; Os outros Camiños: aventúrate en Mondoñedo; Cociña galega con sabor a Mondoñedo; e Merlín e Familia en Mondoñedo.
Descrición dos catro paquetes turísticos
– Paquete 1: O laberinto habitado: descubre Mondoñedo. Un paquete que potencia a historia da cidade, antiga capital de Galicia, sede episcopal dende o século XII, cuna de persoaxes ilustres e lugar de tradicións e lendas. ¡Un lugar único que ten moito que contarche!. Inclúe unha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, unha visita guiada ao centro histórico, xunto a dúas entradas á Catedral e dúas tamén para a Ruta dos Artesáns; así como un libro sobre Mondoñedo para descubrir todos os recunchos da cidade.
– Paquete 2: Os outros camiños: aventúrate en Mondoñedo; dirixido aos máis aventureiros, para que desfruten do patrimonio natural da cidade (covas, cataratas, vales…) e do Camiño de Santiago. Nesta ocasión, o produto inclúe unha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas; xunto a unha ruta de sendeirismo con o Freixo dos Lobos para coñecer A Serra do Xistral así como dúas entradas para a visita guiada ao interior da Cova do Rei Cintolo e un pase para visitar o Centro de Interpretación do Camiño Norte.
– Paquete 3: Cociña galega con sabor a Mondoñedo. Ademais dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, inclúe unha cena ou comida con regusto a Terriña e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
– Paquete 4: Merlín e Familia en Mondoñedo; pensado en desfrutar dunha fin de semana en familia, cunha noite de aloxamento para dous adultos e dous nenos; así como catro entradas e visita guiada ao interior das Covas do Rei Cintolo, xunto a outras entradas para a Ruta dos Artesáns e unha tarta de Mondoñedo de regalo.
Condicións de compra e reserva
Os paquetes poderanse adquirir de tres formas. É dicir, de xeito on-line (www.mariñactiva.com), por teléfono (683401865) e na propia sucursal de MariñActiva (Viajes Eroski: Avenida Arcadio Pardiñas, 97. Burela-Lugo).
O prazo de desfrute destes paquetes é do 6 de xaneiro ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 20 de decembro de 2018.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



