LUGO, 19 de decembro de 2017.- O Grupo Provincial do Partido Popular esixe de novo ao Goberno socialista da Deputación a través dunha moción que execute “todos e cada un” dos acordos aprobados polo Pleno da Corporación, e que “a día de hoxe non se cumpriron pese a ser acordado polo máximo órgano da institución lucense”.
Os populares explican que as mocións que os Grupos Provinciais con representación na institución elevan ao Pleno son “o instrumento político fundamental co que contamos para formular propostas e peticións e sometelas á consideración e aprobación do Pleno e para facer efectiva as funcións de control e orientación política da oposición, cuxo exercicio garante a calidade democrática provincial. A este respecto, dende o Grupo Popular engaden que “cando as ditas iniciativas resultan aprobadas, os acordos adoptados son actos administrativos cuxo cumprimento debe garantir o presidente da entidade provincial segundo a normativa vixente”.
O Grupo Provincial do PP denunciou en varias ocasións que na práctica “parte das mocións presentadas e aprobadas polo Pleno da Corporación Provincial non son executadas polo equipo de Goberno, ou ben a súa execución demórase máis do acordado ou previsto, sen que así cumpran a función que lles é propia”.
Acordos plenarios incumpridos
Así, citan, entre outros exemplos, acordos plenarios incumpridos como son a modificación do regulamento orgánico da Deputación; unha iniciativa formulada polo Grupo Provincial do PP en novembro de 2015; a xestión por parte da institución das rutas fluviais na Ribeira Sacra, presentada polos populares en marzo de 2016, xunto á creación dun ente provincial de turismo; a adopción dunha solución que permita a apertura das piscinas climatizadas de A Pastoriza e Monterroso e mesmo ao establecemento dunha liña de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas ás escolas de música da provincia de Lugo dependentes dos Concellos ou de colectivos sen ánimo de lucro.
Os populares, “ante a gravidade dos feitos que se estaban a dar”, segundo lembran, tamén presentara unha para a creación dunha comisión de seguemento e control dos acordos aprobados polo Pleno, aprobada por unanimidade na sesión plenaria extraordinaria do 29 de novembro de 2016 pero “trece meses despois aínda non se ten creado dita comisión e, polo tanto, non se convocou nin unha soa vez”. Neste senso, tamén na sesión ordinaria de setembro de 2017 levaron ao Pleno un rogo para que se cumpriran todos e cada un dos acordos adoptados pola Corporación, pero que aínda non foron executados.
“Un acto de irresponsabilidade”
Dende o Grupo Popular aseguran que “o incumprimento dos acordos plenarios supón un acto de irresponsabilidade e falta de respecto cara aos lucenses, a maior parte dos cales están representados polos Grupos Provinciais da oposición”.
Ante esta situación, o Grupo Provincial Popular considera “imprescindible” que o Goberno provincial se poña a traballar, sexa responsable e cumpra coa normativa vixente e, polo tanto, “execute todos e cada un dos acordos aprobados polo Pleno da Corporación provincial” e así o pedirá a través da moción que se debaterá na sesión deste xoves.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



