Foz 28-12-2017. O PSOE de Foz móstrase satisfeito pola decisión da Deputación de Lugo de incluír no Plan Extraordinario de Rehabilitación de Firmes de Vías Provinciais (PERF) o asfaltado completo da estrada LUP2010 na parroquia de San Mariño.
Esta actuación, que xa fora demandada polo PSOE de Foz, foi incluída dentro do PERF e contará cunha dotación orzamentaria de 113.126,34 euros van a ser destinados para asfaltar os 2,6 km desta vía.
Esta inversión, xunto coa de 700.000 euros destinados á humanización da rúa Álvaro cunqueiro e aos 375.645 euros do plan único destinados a: axuda a domicilio para maiores, actividades turísticas, culturais e deportivas e investimentos en obras, nas que cabe destacar entre outras, o asfaltado das Torres, a renovación dos parques infantís do Campo da Cabana e Conde Fontao ou a adquisición do Castro de Lelle, demostran o compromiso de Deputación co pobo de Foz e os seus veciños e veciñas.
Dende PSOE de Foz, vendo a boa disposición que sempre mostra, tentamos manter un contacto fluído coa Deputación para transmitirlles as demandas que nos fan chegar os veciños e agradecemos que estas sexan recollidas nos diferentes plans de actuacións que levan a cabo.
Dentro das ultimas comunicacións, o PSOE de Foz, tras facer un percorrido por todas as vías da Deputación considera que a maior parte delas se atopan nun estado de conservación aceptable e tras recoller diferentes peticións veciñais demanda: amaño da estrada da parroquia de Cordido dende o Chao a Barral, en San Acisclo a LUP0202 e a LUP0210, en Nois na zona da capela ou a dotacións de beirarrúas en Vilaronte, que esperamos sexan recollidas en vindeiros plans polo ente provincial
Tamén mostran satisfacción os socialistas polas subvención concedidas ás entidades culturais de Foz aprobadas o pasado día 22 pola xunta de goberno local da Deputación xa que estas subvencións axudan aos colectivos do noso pobo a aumentar a oferta cultural.