Unha vez finalizadas as obras e instalada a nova maquinaria de Climatización e Deshumefectación da Piscina Municipal de Xove, a empresa adxudicataria acaba de finalizar unha obra de mellora na instalacion, sen coste algún para o Concello. Esta obra consta dun panelado das paredes interiores da Piscina, cos cales o habitáculo gañará en sonoridade, mellor control da humidade, asi como aillamento térmico e acústico, e como nón estético. Este panelado consta dunhas planchas de aluminio microperforado de 5 cm de espesor as cales conteñen no seu interior, lá de roca, e outros materiais, para absorber son, humidade, e aillar termicamente as paredes.
