Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2018.- A Xunta de Galicia destinará preto de 2,9 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, tal como dispón a Resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 24 de xaneiro. Na zona de Lugo pódense beneficiar destas axudas as vivendas emprazadas nas parroquias polas que transcorren os Camiños de Santiago nos concellos de Abadín, Vilalba, Begonte, Friol, A Fonsagrada, Baleira, Castroverde, Lugo, Guntín, Palas de rei, Pedrafita, Triacastela, Samos, Sarria, Paradela, Portomarín e Monterroso.
Nas zonas de carácter rural o ámbito da área de rehabilitación comprende a totalidade da parroquia, de maneira que todas as vivendas da mesma que cumpran os requisitos poden beneficiarse das axudas establecidas. Nas zonas urbanas o ámbito da ARI restrínxese ao trazado do Camiño.
Esta ARI non inclúe as vivendas que estean emprazadas no ámbito doutras áreas de rehabilitación declaradas con anterioridade, como son as de Lugo, Sarria e Vilalba.
Poderán beneficiarse destas axudas as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago e estean en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Para acceder a estas axudas é necesario obter a cualificación provisional, que se solicita en calquera momento anterior ao remate das obras, e a cualificación definitiva, que se debe solicitar despois de rematar as obras. A cualificación provisional pódese solicitar inda que as obras estean xa comezadas, pero non poden estar rematadas.
O importe máximo da axuda será de 15.000 euros por vivenda, dos que 11.000 serán de financiamento estatal e non poderán superar máis do 35 por cento do orzamento e 4.000 de financiamento autonómico, co límite do 10 por cento do orzamento.
As axudas no marco desta área de rehabilitación integral poden destinarse a actuacións destinadas a adecuar a seguridade dos edificios e vivendas, protección fronte a auga e á humidade, garantir as condicións de salubridade das vivendas, adecuar as instalacións eléctricas, de augas ou de telecomunicacións á normativa vixente, reducir a demanda enerxética das vivendas e garantir a súa accesibilidade.
A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago foi o 17 de decembro de 2010, e comprende 445 parroquias de 107 concellos das catro provincias galegas.
A de 2018 é a cuarta convocatoria de axudas da ARI dos concellos de Santiago. Ao abeiro das tres anteriores xa se rehabilitaron 275 vivendas, con axudas de máis de 1,6 millóns de euros.
Máis información: http://ari-igvs.xunta.gal























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



