Viveiro, 11 de xaneiro de 2018.
Sábado 20: Coro Cámara Rías Baixas. “O vindel soa en Viveiro”. Dirixe Bruno Díaz González
Lugar: TPD
Hora:20,30 h
O Coro Cámara das Rías Baixas vén a Viveiro para facer o único concerto que realizarán fóra da súa provincia para conmemorar a chegada do pergamiño Vindel. Trátase dun concerto histórico e pedagóxico para todos, que chega da man dun veciño de Viveiro: Bruno Díaz.
Domingo 21: AF Danza. Aquí Uganda
Lugar: TPD
Hora: 19,00
Promotor: Música para Salvar Vidas
FEBREIRO:
Sábado 3: Ghazafelhos. Lúa . RGTA
Lugar: TPD
Hora :18,00 h.
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 50 min
Público Infantil: + 5 anos
Autor: Pepablo Patinho
Dirección: Pepablo Patiño
Escenografía: Teatro Ghazafelhos
Deseño son: Jorge Casas
Deseño iluminación: Ana Díaz
Vestiario: Montse Piñón e Jorge Casas
Música: Pepablo Patinho
Coreografía: Teatro Ghazafelhos
Elenco artístico: Jorge Casas, Montse Piñón, Pepablo Patinho
Texto promocional:
Na terra algo acontece; hai moito ruído… berros… enfados… a Lúa está preocupada porque con tanto ruído as estrelas asústanse e non queren achegarse… Así que decide baixar á terra e saber o porqué de tanto barullo….
Lúa trata dunha analoxía entre o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos levan a non entendernos e provocar medos e violencia… Da man dunha nena chamada Lúa, percorreremos o mundo da xente adulta cos ollos da infancia…
Venres 17: A Panadaría. Elisa e Marcela. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20,30 h.
Clasificación Teatro: Comedia
Duración: 75 min
Público: Adultos
Autor: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, Esther F. Carrodeguas e Gena Baamonde
Dirección: Gena Baamonde
Escenografía: A panadaría e Beatriz de Vega
Deseño son: A panadaría
Deseño iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro
Vestiario: Fany Bello
Música: Ailén Kendelman
Coreografía: A panadaría
Espectáculo en lingua galega
Elenco artísticoI: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman
Texto promocional
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Sábado 24: Caramuxo Teatro. Ela. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18,00
Clasificación: Teatro / Contemporáneo
Duración: 40 min
Público Infantil +3 ANOS
Autor: LAURA SARASOLA E JUAN RODRÍGUEZ
Dirección:JUAN RODRÍGUEZ E LAURA SARASOLA
Adaptación: JUAN RODRÍGUEZ E LAURA SARASOLA
Escenografía: CARAMUXO TEATRO, EL TIGRE DE PAPEL
Deseño son: SUSO JALDA
Deseño iluminación: SUSO JALDA
Vestiario: SOLEDAD GÓMEZ
Música: CARAMUXO TEATRO
Coreografía: LAURA SARASOL
Elenco artístico: LAURA SARASOLA, JUAN RODRÍGUEZ E SUSO JALDA
Texto promocional:
“Ela” é a nova proposta de Caramuxo Teatro para tódolos públicos. “Ela” crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo da pintora Maruxa Mallo. Unha mistura de poesía, humor, teatro e danza onde descubrir o imaxinario desta muller excepcional. Un poema plástico para gozar en familia.
MARZO:
Sábado 3: Talía Teatro. Úbu rei..RTGA
Lugar: TPD
Hora: 20,30
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración75 min
Público: Adultos
Autor: Alfred Jarry
Dirección: Roberto Salgueiro
Adaptación: Roberto Salgueiro
Escenografía: Roberto Salgueiro
Deseño son-Deseño iluminación: Roberto Salgueiro
Vestiario: Roberto Salgueiro
Elenco artístico:Toño Casais, Dani Trillo, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo, Marta Ríos, Rubén Prieto, Marta Lado
Texto promocional:
Pai Ubu, impulsado pola súa ambiciosa muller Madre Ubú, asasina ao seu protector o Rei de Polonia, e a case toda a súa familia, para roubarlle os seus Estados. Despois dun breve triunfo instaura un reinado de corrupción e despotismo levados ata o absurdo.
Ubu Rei é unha obra imprescindible no teatro moderno pola súa permanente actualidade xa que é unha proposta cruel e traxicómica sobre os extremos da ruindade e da degradación do ser humano.
A súa relevancia radica no desconcerto que provoca, e na destrución de case todas as normas e tabús do teatro contemporáneo.
O seu protagonista, o innobre e grotesco Ubu, vai directo ao corazón da conciencia burguesa e aínda hoxe a escandaliza nas súas numerosas representacións e adaptacións.
Nesta versión, Roberto Salgueiro ve indispensable conservar o carácter metateatral do texto, así como traballar sobre as dúas ideas centrais do mesmo: poder e sexo.
Sábado 10: Sarabela Teatro. O secuestro da bibliotecaría. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18,00
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración55 min
Público Infantil : 5-12
Dirección: Fina Calleja
Adaptación: Fina Calleja
Deseño son: Renata Codda Fons
Deseño iluminación: José Bayón
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Renata Codda Fons
Elenco artístico: Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Josito Porto, Sabela Gago, Afonso Míguez
Texto promocional:
A señorita Ernestina é a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón. Aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria.
Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela. A poucas persoas lles acaen ben os grans na cara pero para uns ladróns resulta desastroso. Tomaría vostede en serio un ladrón con graíños? Pois non, parece ser a resposta máis obvia; así que os ladróns deben atopar unha solución para o seu problema, pero non teñen nin idea de onde buscala.
Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complicalo todo.
ABRIL:
Sábado 14: Somos criminais. Carlos Blanco e Xosé A. Touriñan
Lugar: TPD
Hora: 20,30 h
Promotor: Con detrespes
Sábado 21: Contraproducións. Nacidas Libres. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 20,30 h.
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 90 min
Público: Adultos
Autor:CÁNDIDO PAZÓ
Dirección: CRISTINA DOMÍNGUEZ
Escenografía: CARLOS ALONSO
Deseño son: Guillerme Fernández
Deseño iluminación: AFONSO CASTRO
Vestiario: CARLOS ALONSO
Música: GUILLERME FERNÁNDEZ
Elenco artístico: SUSANA DANS, CASILDA ALFARO, MÓNICA CAMAÑO, ROCÍO GONZÁLEZ
Texto promocional:
Catro actrices que atravesan esas idades nas que corren o risco de desaparecer do mundo do espectáculo, fartas de non recibir ofertas de traballo, deciden autoempregarse e montar unha peza, xuntándose nunha aula de cultura, hai anos pechada, dunha entidade bancaria que hai anos cambiou de nome.
En vista de que non topan textos para catro mulleres, aventúranse a promovelo elas, encomendándollo a unha xove escritora que vive emigrada, partindo dunha noticia aparecida nos xornais:
A policía rescata tres monxas indias retidas contra a súa vontade nun convento de clausura en Santiago
Con esa inspiración van argallando un espectáculo en múltiples planos no que, con rigor e obxectividade, pero con frescura, dinamismo, emoción e pinceladas de humor, entran no entramado argumental do caso, pero tamén en múltiples reflexións e referencias a diversos temas vistos desde a perspectiva de xénero: a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración…
Catro actrices que interpretan unha ducia de personaxes. Un escenario no que se representan os máis variados espazos e situacións.
Sábado 28: Baobab. Fíos, RGTA
Lugar:TPD
Hora: 18,00 horas
Clasificación: Teatro / Monicreques
Duración: 50 min
Público Infantil: +3
Autora: Andrea Bayer
Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Adaptación: Andrea Bayer
Escenografía: Óscar Ferreira, María Paz e Begoña Paz
Deseño son: Daniel Abalo
Deseño iluminación: Daniel Abalo
Vestiario: Mª Teresa Lloves
Música: Xosé Liz e Eli Paz
Elenco artístico: Andrea Bayer
Técnico: Daniel Abalo
Montaxe e aderezo: Oscar Ferreira
Texto promocional:
Nominada aos Premios MAX 2013 por “mejor autoría teatral gallega”.
“Fíos” é un espectáculo que fía palabras, tece contos, calceta historias e cose puntada a puntada cada nota de música.
Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos, unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.
En Fíos os diferentes personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións, así coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que nada máis que se quere namorar, Dona Margarita viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito descubrirá que quere ser de maior.
Fíos é un espectáculo para soñar e non esquecer porque din que as historias perduran cando as gardamos na nosa memoria e de vez en cando as recordamos para contarllas aos nosos seres queridos
Este espectáculo foi seleccionado na XV Feria de teatro de Castilla e León (Ciudad Rodrigo), así coma na Mostra de Teatro de Galicia 2011, no XIII Festival de Títeres de Redondela, na XIII Edición de “Domingos do Principal”, etc…
Con este traballo pretendemos abrir unha liña de espectáculos para emocionar sentir e soñar.
Durante os vindeiros catro meses o Concello de Viveiro ofrecerá unha ampla oferta cultural, na que todos os públicos poderán disfrutar de espectáculos de calidade a prezos asequibles.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



