Ribadeo, 27 de xaneiro de 2018. Un veciño de Ribadeo foi o gañador do premio non presencial que Acisa puxo en xogo na súa VII Festa do Comercio. Balbino Villarmarzo Blanco recibiu 250 euros en vales de compra para consumir nos locais asociados ao longo das vindeiras semanas. A papeleta número 45.454, que coincidiu co Cupón da ONCE do pasado 19 de xaneiro, foille entregada en Panadería La Plaza.
Balbino Villarmarzo pasou polas instalacións de Acisa a recoller o seu premio. En total Acisa repartiu 2.000 euros en vales de compra na súa VII Festa do Comercio.
Merca e Gaña
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, asistiu onte en Lugo á entrega de premios aos gañadores do concurso Merca e Gaña, que organizaron durante o pasado Nadal a Deputación Provincial e a Federación de Comercio de Lugo. Pérez foi o encargado de dar os premios aos afortunados de Ribadeo. Un deles foi repartido por un local asociado a Acisa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo atendeu así a invitación da Federación de Comercio de Lugo para acudir a este acto, que se desenvolveu no vello cárcere.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



