O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente sinalou que “o máis importante desta campaña é que os veciños se conciencien de non tirar as pilas á basura nin ao chan. Hai numerosos establecementos en Barreiros que teñen contedores para depositar as pilas, como por exemplo o propio Concello, os supernercados, tendas de electrodomesticos, colexios, etc. E Ecopilas facilitoulles un teléfono a eses locais para que chamen para a súa recollida”. O Concello de Barreiros colaborou para a organización desta actividade coa Fundación Ecopilas. Pola carpa pasaron esta mañá o alcalde, Alfonso Fuente, e concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



