Foz, 22 de xaneiro de 2018. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixo hoxe un balance moi positivo da Festa do Chícaro, que se celebrou este pasado fin de semana, e anuncia que o Concello xa está en modo Entroido. Este sábado, día 27, terá lugar a cea de coroación á que asistirán máis de 750 persoas. Esta afluencia de público obrigou a ampliar a carpa, que contará con seguridade nas tres portas de acceso á mesma, e os asistentes disporán ademais dunha pulseira identificativa para evitar a entrada de persoas alleas ao evento. Outra das novidades será a edición dun vaso exclusivo do Entroido, que se porá á venda ao prezo de 1 euro.
O rexedor municipal manifestou: “estamos moi contentos de como está indo o mes de xaneiro no noso concello. Unha vez rematada a Festa do Chícaro o balance é moi positivo, esgotáronse as existencias que tiña previstas a organización e houbo moitísima xente durante todo o fin de semana. Estamos moi contentos da repercusión desta festa no noso pobo e en toda A Mariña en xeral, porque segue sendo un punto de reunión neste mes de xaneiro, neste inicio de ano, o que nos ven moi ben ao pobo”.
Javier Castiñeira declara que “agora xa estamos cambiando a modo Entroido porque este fin de semana xa temos a cea de coroación do rei do Entroido no noso concello. Máis de 750 persoas solicitaron participar nesta cea. Xa está feita esa ampliación da carpa que nos vai permitir poder poñer esas case 200 persoas máis, despois que o ano pasado que xa fora un récord, e poder facelo comodamente”.
O alcalde explica que “cunha obra moi simple, que foi a retirada dun muro perimetral e a limpeza dunha finca que tiña o Concello, conséguense 250 metros máis, o que nos ven moi ben, tanto para a cea como para o baile”.
Castiñeira anuncia que “imos poñer tamén seguridade nas portas para evitar calquera situación indesexable e mellorar a seguridade da carpa. Ademais todos os participantes terán a súa pulseira e así evitarase que entre xente de fóra que poida modificar o aforo que hai establecido”.
O rexedor engade que “haberá tamén pequenos cambios á hora dos sorteos. Era unha cousa que nos pedían as peñas, porque duraba moito. Agora vaise facer un sorteo único, van quedar os números premiados nun panel e a partir de aí todo o mundo pode ir buscar o seu regalo sen ter que parar a festa para iso”.
Javier Castiñeira sinala ademais que “a gran novidade final, eu creo que moi boa tamén, é que, facéndolle caso á suxestión das peñas, haberá un vaso propio da festa do Entroido, igual que temos na Festa Normanda, que se poderá comprar por 1 euro e nese vaso poderán darse as consumicións. Non se pode dar vaso de vidro, estábase dando nun vaso de plástico de tubo, pero non gustaba á xente. Entón todos aqueles que o queiran van poder coller o vaso do Entroido, que pode servir tamén como un recordo”.
O alcalde de Foz di que “o Concello xa está pensando no Entroido e aínda que quedan tres semanas estamos cos preparativos e esperamos que sexa un bo fin de semana para todos”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



