Se non fósemos fillos do medo e escravos do silencio non tardariamos 80 anos en reivindicar a límpida memoria dos tres asasinados na travesía da Rocha de Mondoñedo na mañanciña do 12 de xaneiro de 1938.
As nosas avoas e avós padeceron ese medo en carne viva, moitos e moitas pagárono con fame, con torturas e coa cadea, algúns coa vida. As nosas nais e os nosos pais criáronse mergullados na asfixia dese medo; no medo a ser, no medo a non comer, no medo a facer, no medo a pensar, no medo a dicir …
Nós, falo xa da miña xeración, somos, consciente ou inconscientemente, fillas e fillos dese medo. Criámonos respirando medo, ignorando a posibilidade doutra opción de vida que non fose esa disciplina tiránica do medo.
Graciano Paz Amieiro, Siervo González Rivas e Manuel Rodríguez Núñez foron detidos o 10 ou o 11 de xaneiro de 1938, sacáronos á forza do antigo cárcere de Mondoñedo e foron “paseados” e asasinados na madrugada do mércores, 12 de xaneiro de 1938, por un grupo de servos dun odio irracional e inhumano.
Logo abandonaron os seus corpos e, como furtivos, fuxiron covardemente. Antes de alborexar, unha muller que madrugara para rozar mulime, tropezou cos seus corpos; algún deles aínda xemía, moribundo. Tamén se conta que pouco despois, cando a esposa de Graciano Paz ía camiño do cárcere cunha cazola de caldo para o seu home alguén, que xa sabía o que acontecerá, díxolle:
—Dá a volta para a casa; a Graciano xa non lle fai falta!
Ninguén investigou, ningunha autoridade, ningún fiscal nin xuíz actuou, ningunha denuncia, ningún sospeitoso … O silencio cómplice do medo!
Dise que por aquí non houbo guerra nin tampouco a houbo, polo visto, no resto de Galicia. Iso é o que se di! Para quen así o crea propóñolle contemplar, ademais de consultar a xa abondosa bibliografía sobre o tema, as estampas dos álbums de Castelao “Galicia mártir”, “Atila en Galicia” e “Milicianos”. Máis que da guerra, que tamén, contan do horror da represión, do imperio do odio, da violencia salvaxe.
Este sábado 13 de xaneiro de 2018 reunímonos ás doce do mediodía a carón do vello camposanto de Mondoñedo para espantar eses medos case atávicos. “Un medo que me viña / das raíces do mundo / tremíame no sangue”, di C. Emilio en O soño sulagado. Alí estaremos acompañando aos familiares dos tres asasinados unha ampla representación da vida social e política de Mondoñedo e da Mariña. E a continuación, na Casa da Xuventude, os historiadores Ramón Ermida e Eliseo Fernández, nun faladoiro aberto, moderado por Fran Bouso, coñeceremos o contexto dunha historia que parece quedarnos moi afastada pero que, en realidade, aínda nos produce arrepío.
Inaprazable homenaxe cívica a estas tres vítimas inocentes, como tantas outras, da barbarie porque 80 anos en silencio suman tres xeracións de inxustiza!
Que o medo non nos inmobilice nin nos impida anticiparnos ás devastadoras consecuencias da intolerancia, do racismo e da xenofobia! Graciano, Manuel e Siervo representan unha lección que deberamos interiorizar xa para sempre; eles non eran fillos do medo, senón da verdade, non eran escravos do silencio senón voceiros de liberdade!
©Antonio Reigosa –cronista oficial de Mondoñedo



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



