Lugo, 26 de xaneiro de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Goberno Provincial levaba aprobado nos últimos 15 días un investimento de 6,2 millóns de euros na mellora de 124 quilómetros de 45 estradas que discorren por 25 Concellos. “Creo que demostramos que somos a institución que máis inviste en obra pública na nosa provincia, pois a maiores das actuacións nas vías provinciais, levamos aos 67 Concellos máis investimentos para melloras de accesos públicos, traídas de auga, saneamentos, alumeados públicos, instalacións deportivas, culturais, locais sociais…”
Campos Conde explicou que “hoxe acordamos na Xunta de Goberno destinar 1 millón de euros no acondicionamento do firme con aglomerado en quente e incremento da seguridade con nova sinalización horizontal e vertical de 21 quilómetros de 11 estradas en 6 municipios: Taboada, Foz, Pedrafita do Cebreiro, Guntín, Monforte de Lemos e Riotorto. Estes fondos engádense aos 5,2 millóns que acordamos destinar nos pasados días ao arranxo doutros 103 quilómetros de 34 estradas noutros 19 Concellos. Todo isto supón que, en 15 días, aprobamos un investimento de 6,2 millóns para o arranxo dun total de 124 quilómetros de 45 estradas en 25 municipios”.
As obras son as seguintes:
– Taboada: acondicionamento de 3,2 quilómetros de 3 estradas: LU-P-6001, de Taboada, por Ada á LU-213; LU-P-6004, do Alto de San Xulián a Castelo; LU-P-6005, de Taboada a Adá, a Almuiña.
– Foz: acondicionamento de 2,8 quilómetros de 2 estradas: LU-P-2010, de Bao a Ver; e LU-P-2009, do Peirao de Foz a Bispo Santo, por Marzán.
– Riotorto: acondicionamento de 3,8 quilómetros da LU-P-4402, de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña, a Muiñonovo.
– Monforte de Lemos: acondicionamento de 3,2 quilómetros de 3 estradas: LU-P-3201 de Monforte a Sober; LU-P-3205 de Monforte a Reboredo, e LU-P-3203 de Monforte a Rozabales.
– Guntín: acondicionamento de 5 quilómetros da LU-P-2403, Lousada (LU-612) -Grolos-Goia (N-540) e ramal a Vilar.
– Pedrafita do Cebreiro: acondicionamento de 3,6 quilómetros da LU-P-1304 de Mostade (LU-P-1303)-Romeor-Casares”
– Ribas do Sil: acondicionamento de 5 quilómetros da LU-P-5302 de San Clodio a Casares.
– Barreiros: acondicionamento de 10,4 quilómetros de 2 estradas: LU-P-6103 de Trabada, por Fórnea; e LU-P-0609, de Vilamar (LU-133)-Gondán-Cruce da Insua
– Baralla: acondicionamento do firme dun treito de 2,7 quilómetros da LU-P-0506, de Longoira, por Sixirei, á estrada de Becerreá e Sarria.
– A Pontenova: acondicionamento de 6,5 quilómetros de 3 estradas: LU-P-1904, de Fonsagrada á Pontenova; LU-P-4805, de Boulloso, por Dodrín, a Figueirúa; e LU-P-4808, da Pontenova, por Vilaouruz, á N-640.
– Becerreá: acondicionamento de 6,9 quilómetros da LU-P-0705, dende a LU-722, por Vilamane e Seivane a Tucende.
– Castroverde: acondicionamento de 4,9 quilómetros da LU-P-1611 (Cinturón Comarcal).
– Lourenzá: acondicionamento de 2,2 quilómetros de 3 estradas provinciais: LU-P-2801, de Santo Tomé, por San Adriano e Augasoxa, a Arroxo; LU-P-2803, de Santo Tomé a Lindín; e LU-P-2805, de Santo Tomé a Santa María Maior.
– Meira: do acondicionamento de 3 quilómetros de 2 estradas provinciais: LU-P- 3003,Meira, por Leiras, á N-640 e LU-P-3005, de Couso a Vilar de Corota.
– Ribeira de Piquín: acondicionamento dun treito de 3 quilómetros da LU-P-4806, da N-640, en Vilaxe, por Galegos e Vilar de Corota.
– A Fonsagrada: acondicionamento de 11,1 quilómetros de 2 estradas provinciais: LU-P-1905, de Vilardías a Carballido e LU-P-1909, de Carballido a Vega de Logares.
– Guitiriz: acondicionamento do firme de 2,3 quilómetros da LU-P-2301, de Guitiriz a Vilares.
– Navia de Suarna: acondicionamento de 10,1 quilómetros de 3 estradas provinciais: LU-P-3501, da LU-P-722, por Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3509, de Navia, por Vitigo, ao Alto de Labiadas e LU-P- 3512, de Cancelada da Serra, por Son e Robledo á LU-722.
– Sarria: acondicionamento de 3,6 quilómetros da LU-P-5602 de Samos por Pintín a Sarria.
– Trabada: acondicionamento de 3 quilómetros da LU-P-5506, de Augasoxa a Trabada.
– O Valadouro: acondicionamento de 4,4 quilómetros de 2 estradas provinciais: LU-P-1502, de Burela, por Vilaestrofe, a Ferreira e LU-P-6303, de Campo, por Guín, ao eixo de Moas.
– Viveiro: acondicionamento de 4,5 quilómetros de 3 estradas provinciais: LU-P-6601, de Misericordia a Silvarosa; LU-P-6611, de Magazos a Fontecoba e LU-P-6613, do cemiterios novo á igrexa de San Roque.
– Cervantes: acondicionamento de 10 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1401, de Doiras ao Límite provincial de León e LU-P-1402, de San Martiño da Ribeira a Vilaquinte.
– O Incio: acondicionamento de 10 quilómetros de 3,1 quilómetros de 2 estradas: LU-P-2503, do Incio por Vilarxoan á LU-P-5603 e LU-P-2506, da LU-P-5711 en Saa por Balbón a Pacios.
– A Pastoriza: acondicionamento de 5,5 quilómetros de 2 estradas: LU-P-1106, de Castro de Rei, por Reigosa, a Lindín e LU-P-4402, da estrada de Paraxes a Lourenzá, por Bretoña a Muiñonovo.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



