Ribadeo, 15 de xaneiro de 2018. O auditorio municipal Hernán Naval, de Ribadeo, acollerá o día 27 deste mes, sábado, a partir das 19:00 horas un evento solidario a favor de dúas protectoras de animais da Mariña: Bigotes, de Burela, e Valadouro Alfoz. Está organizado pola iniciativa Creer es Crear, que promoven Juan Luis e Guillermo Amor, e o centro veterinario Anima Mundi, de Ribadeo. Contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.
O evento denomínase EmocionArte e haberá charlas motivacionais a cargo dos organizadores, actuacións do grupo de danza do ventre Dumtak de Nur e un espectáculo final con música e voz en directo que protagonizarán dous artistas locais que queren manterse no anonimato ata a celebración do evento.
Os organizadores explican que EmocionArte “es un evento que se hace a favor de dos protectoras de animales de A Mariña y que trata de ser una iniciativa con sentido. Con esta celebración queremos canalizar fundamentalmente dos inquietudes: por un lado pretendemos realizar un acto de agradecimiento a los animales por su entrega total y también por ser parte de muchas historias hermosas en su relación con los humanos; y por otro lado las charlas motivacionales van dirigidas a despertar la conciencia social hacia las capacidades del ser humano, que, lejos de representar un ser desvalido y dependiente, atesora la capacidad innata para cambiar su personalidad y por tanto crear mayores cotas de felicidad y armonía en su vida. En EmocionArte trataremos de desvelar el secreto del cambio y la creación consciente. Propondremos rutinas diarias que te permitan integrarlo todo para expresar tu creatividad al máximo. En EmocionArte, por medio de la danza, el canto y la palabra, vivirás en directo el hecho de que si cambias tus emociones cambias tu vida”.
O prezo das entradas é de 3 euros para os adultos, mentres que para os nenos son gratuitas. Haberá unha fila 0 para as persoas que queiran colaborar con este evento solidario pero que non podan asistir. Poderán facelo dirixíndose ao centro veterinario Anima Mundi ou chamando ao teléfono 684.25.03.44.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



