Barreiros, 9 de xaneiro de 2018. O Concello ven de colocar tres contedores para a recollida de papel, dous en San Miguel e un en Vilamartín Grande. Desde a Concellería de Medio Ambiente queren facilitarlles aos veciños a posibilidade de reciclar o lixo que se xera nos seus fogares.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, anunciou que “este ano colocamos tres contedores que nos foron doados pola empresa que recolle o papel. Déronnos tres contedores e valoramos a colocación en sitios un pouco estratéxicos como pode ser Vilamartín Grande, preto da capela do Carme, que aí tamén pode facilitarlle a recollida e a posterior selección de papel aos veciños de Vilamartín Pequeno.Tamén fora demandado un contedor polo colexio de San Miguel, alí pegado ao centro que era pedido polos profesores e alumnos. E por último colocamos outro contedor en San Miguel, na nacional preto do supermercado que hai alí, que creo que tamén é un sitio apropiado para facilitar a selección e o depósito de papel”.
O edil barreirense subliñou que “creo que estamos experimentando un aumento da reciclaxe, a xente cada vez está máis sensibilizada ante os problemas medio ambientais. Tendo en conta que as novas xeracións, dada a educación nos colexios, eu creo que se está cada ano experimentando unha maior recollida sobre todo de papel e vidro”.
Gómez Puente engadiu que “quizais nos plásticos temos que incidir un pouquiño máis porque nos contedores de plásticos hai outros materiais que non son axeitados, entón aí temos que incidir un pouco na educación porta a porta. Pero en papel e vidro a verdade é que si que estamos moi contentos coa resposta dos veciños e veciñas de Barreiros”.
O alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Medio Ambiente supervisaron hoxe os lugares nos que foron colocados os novos contedores para a recollida de papel.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



