Ribadeo, 9 de xaneiro de 2018. A empresa BeOne, que xestiona a piscina municipal de Ribadeo, ten en marcha neste mes de xaneiro unha campaña de captación de socios que ofrece vantaxes como matrícula sen custo e a posibilidade de gozar de todas as instalacións do centro gratuitamente durante un día. Ademais os que entren na web beone.es/xuntos poderán conseguir un mes de balde.
As instalacións de BeOne en Ribadeo, que están na rúa Pintor Fierros, contan con “tres zonas: unha de auga cun espazo dedicado a zona spa, unha sala onde se dan actividades en seco e un ximnasio de musculación cunha parte de tonificación e outra de cardio”, explica o director do centro, Javier Canel, quen engade que “intentamos que as actividades da sala estean dirixidas á maior cantidade de usuarios, desde xente moi nova ata os máis maiores. Hai varios tipos de ofertas, con intensidades altas, medias e baixas. Tamén temos actividades para junior e kids e na auga ofertamos natación tanto para adultos como para nenos”.
Javier Canel destaca que “coa nova sala conseguiuse dotar ao centro de maiores servizos e novas actividades, que ademais de darnos un gran valor para adaptarnos aos novos tempos tamén nos serve para situarnos como un centro deportivo dos mellores da zona”.
Canel especifica que ofrecen “actividades de alta intensidade, como o Global, que se fai con música e material de tonificación; o Body Combat, que é un traballo coreografiado moi bonito con actividades de artes marciais con música cardio extrem; e os Heroican Training, que son adestramentos que adaptamos as carreiras de obstáculos que agora están moi de moda. Tamén temos actividades medias como ritmos, que é o que a xente coñece como zumba; bikes, que é bicicleta estática con música; GAP, que é a tonificación de varias partes do corpo, en este caso glúteos, abdominais e pernas. Ademais hai actividades baixas como pilates ou Be Salus, que van encamiñadas a un perfil de usuario con actividade máis tranquila ou que despois de rematar unha das actividades de alta intensidade quere facer estiramentos ou pilates”.
O director de BeOne Ribadeo engade que “as actividades junior e kids van dirixidas a nenos e nenas desde 6 ata 15 anos. En auga temos actividades para nenos, como os cursos de natación na escola que leva funcionando desde sempre, e para os adultos hai perfeccionamento e aprendizaxe”.
Javier Canel considera que “na nova sala de actividades o noso persoal está facendo un grandísimo traballo. Eles, apoiándose no equipamento, están realizando un esforzo grande, dando a coñecer as actividades e facendo que os usuarios se sintan cómodos, o que é un labor moi importante”.
O director de BeOne Ribadeo tamén salienta que “o abono familiar é moi vantaxoso, porque un matrimonio con fillos menores de 18 anos por só 39 euros ao mes todos os compoñentes da familia poden utilizar todas as instalacións e participar en todas as actividades cun horario moi amplo”.
Ademais Canel anuncia que durante este ano 2018 “vanse levar a cabo varias actuacións no centro que van beneficiar en gran medida aos usuarios. Durante este mes de xaneiro vaise acometer a renovación total das bicis de ciclo da nova sala de actividades. Ademais teremos unha máquina nova para a sala de ximnasio para substituír á multipower que hai actualmente. Tamén temos un proxecto para febreiro que consiste na creación dunha app nova con todos os servizos para ofrecer a través dos dispositivos móbiles información aos nosos usuarios sobre programas de adestramento e rutinas, reservas de prazas e actividades. Outro proxecto importante, que empezará en setembro co inicio de tempada, chámase Nadar es Vida e está avalado pola Real Federación Española de Natación; permitirá facer un traballo diferente na nosa escola de natación para seguir mellorándoa e adaptala aos tempos nos que estamos”.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



