Lugo, 31 de xaneiro de 2018. O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, participou este mércores na inauguración do XIX Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar 2018. Trátase da feira gastronómica organizada por Expourense, que terá lugar dende hoxe e ata o vindeiro domingo na capital ourensá, para promover e defender a calidade da gastronomía e o turismo sustentable e saudable na comunidade galega.
O Goberno da Deputación promoverá a provincia de Lugo e os seus produtos gastronómicos entre os centos de persoas que participan en Xantar, pois contará cun espazo propio durante os cinco días que dura o evento. No stand da Deputación ofreceranse degustacións de alimentos típicos lucenses como queixo de San Simón, torta de millo de Guitiriz ou viño da Ribeira Sacra. Ademais, ofrecerase material divulgativo con folletos promocionais dos Concellos lucenses, das Denominacións de Orixe, e tamén das tres Reservas da Biosfera da provincia.
Vidal Baamonde subliñou que “para preparar a nosa participación en Xantar previamente puxémonos en contacto cos 67 Concellos da provincia, cos Consellos Reguladores de Denominación de Orixe, cos Consellos Reguladores de Agricultura Ecolóxica, Indicacións Xeográficas Protexidas, e tamén coas Asociacións de Criadores de Razas Autóctonas, ademais da Asociación Provincial de Hostalería da Provincia”.
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico é unha oportunidade única para dar a coñecer Lugo e os seus produtos, pois no evento participan empresas de restauración, produtores, entidades públicas e privadas, e público en xeral, das rexións de España e Portugal, o país convidado nesta décimo novena edición.
O Goberno achega máis de 100.000 euros para 28 citas gastronómicas
O Goberno da Deputación achega máis de 100.000 euros para facer posible a celebración de 27 citas gastronómicas nos Concellos da provincia de Lugo, sendo na maioría dos casos a única administración que colabora cos municipios na organización deste tipo de eventos, cos que promove os produtos autóctonos e de calidade, ao mesmo tempo que dinamiza a vida no rural, e promove a economía lucense.
Exemplos disto son: a Festa do Mexillón, de Becerreá; a Feira do Bonito, de Burela, a Festa da Empanada e a Feira do Viño, de Chantada; a Festa da Castaña, de Folgoso do Courel; a Feira do Botelo, da Fonsagrada; a Festa do Berberecho, de Foz; a Festa do Pemento de Mougán, de Guitiriz; a Festa da Tenreira Galega, de Láncara; a Festa da Faba, de Lourenzá; a Feira do Queixo, de Monterroso; a Feira do Mel, de Muras; a Festa da Androlla, de Navia de Suarna; a Feira da Empanada e produtos dos Ancares, das Nogais; a Festiulloa no Castelo de Pambre, de Palas de Rei; a Mostra de viños da Ribeira Sacra, de Pantón; a Feira do Queixo, do Cebreiro; a Festa da Augardente, de Portomarín; a Mostra do Aceite, de Quiroga, a Festa da Cereixa, de Ribas de Sil; o Cocido do Porco Celta da Comarca de Sarria; a Feira do Viño de Amandi, en Sober; a Festa do Caldo de Ósos, de Taboada; a Feira do Queixo e a Feira do Capón, de Vilalba; a Festa dos Cogomelos, de Xermade; ou as feiras de produtos das zonas de Baleira e Triacastela.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



