Ribadeo, 31 de xaneiro de 2018. Xa están en Ribadeo os 7 alumnos italianos que desde hoxe e ata o 2 de marzo realizarán prácticas noutras tantas empresas da localidade. Veñen acompañados dunha mestra e chegan a Ribadeo a través do plan de internacionalización de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia). Son alumnos e mestra do CFP G. Zanardelli Ufficio, Progetti e Comunicazione, de Brescia.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “se trata dun grupo de alumnos italianos, da zona de Brescia, que van facer prácticas nos talleres da zona de Ribadeo, e que estarán ata primeiros de marzo. Veñen acompañados dunha profesora e son sete alumnos. Esta é unha das actividades ás que este ano, dentro do plan de internacionalización da asociación, pretendemos darlle bastante empuxe á acollida tanto de alumnos como de profesores”.
As empresas nas que realizarán as prácticas estes alumnos italianos, en horario de 9 a 13 horas e de 15 a 19 horas, son Loureiro Forestal, Teauto, Neumáticos Martín, Talleres Gasalla, Talleres Maseda, Talleres Barja e Talleres Cartoy.
Apaga organizará ao longo deste mes algunha saída cultural para que os alumnos italianos e a súa mestra coñezan diversos lugares da Mariña luguesa.
Álvaro Doural adintou tamén que “posiblemente na primavera vai chegar un grupo de profesores filandeses. Este ano 2018 vai ser bastante potente á hora de acoller en Ribadeo tanto a alumnos como profesores. No mes de abril iniciarase un novo proxecto de mobilidade con saídas a distintos países da Unión Europea”.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



