Lugo, 16 de xaneiro de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular censura a inoperancia e o “escaso traballo” do Goberno socialista da Deputación de Lugo no último ano en materia turística, xa que pese ás reiteradas peticións plenarias, aos acordos existentes e a teren anunciado a realización de numerosas actuacións, a realidade evidencia que apenas se materializaron en doce meses accións dirixidas a promocionar o turismo na nosa provincia, nin tampouco material divulgativo. Para os populares é “reprobable” esta falta de acción e de implicación por parte de Darío Campos cunha área de especial relevancia na provincia. Neste senso, engaden que, “aínda que empregan como reclamo turístico o vídeo “Lugo Cambia”, os feitos demostran que “coa Deputación de Lugo nada cambia nin avanza neste eido”. “Hai un ano na web figuraba a frase ‘sitio en construción’ e pouco teñen construído desde entón, engaden os populares.
Da lectura do resumo do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020 conclúese que non levaron a cabo nin a maior parte das accións previstas para curto prazo; nin tampouco crearon unha web en condicións que sirva de escaparate da provincia” e, a maiores, dende o Grupo Popular critican que se limiten as axudas en materia turística para os concellos. “Nin tan sequera se pode acceder ao Plan Estratéxico, senón a un resumo do mesmo”, anotan.
Os populares preguntan polas actuacións concretas que se levaron a cabo nos últimos meses dende a Deputación de Lugo no eido turístico máis alá do spot de Lugo Cambia.
Desde o Grupo Popular piden explicacións sobre o estado de accións comprometidas no Plan Estratéxico de Turismo tales como a creación dun ente turístico provincial; a elaboración e deseño dunha páxina web turística na provincia; a sinalización intelixente; a elaboración dunha estratexia de posicionamento do destino, así como de aplicacións para produtos turísticos prioritarios, entre moitas outras accións.
O PP esixe de novo unha ‘web ‘turística da provincia
Os populares lembran que fai un ano solicitaban, antes de que a Deputación o anunciase, a activación dunha web turística oficial para promocionar os atractivos da provincia e mostrábanse críticos co feito de que no apartado turístico do portal da Deputación só figuraba o texto “Sitio en construción. Proximamente en liña”, ao igual que no apartado da Área de Promoción do Territorio e Turismo, en Enlaces Adicionais-Lugo Terra aparecía a mensaxe “Páxina non encontrada. Por favor, revise a dirección solicitada”. Neste eido, os populares critican que a día de hoxe a situación “avanzou moi pouco e a desgana do Goberno provincial á hora de traballar polo sector turístico está a provocar que Lugo non conte cun verdadeiro escaparate da provincia”.
Así, os populares comproban que transcorrido un ano no apartado de Turismo na Provincia da web da Deputación só figuran o mesmo vídeo ‘Lugo Cambia’; fotografías das reunións celebradas para a elaboración do Plan Estratéxico de Turismo, xunto a unha serie de enlaces turísticos, entre eles a un resumo do referido Plan de Turismo, nos que se pode comprobar que non deron cumprimento á maioría das accións enmarcadas a curto prazo dentro deste plan.
Os populares engaden que no apartado turístico da web provincial obsérvase, por exemplo, que a axenda de actividades na provincia remite unicamente ao apartado de Lugo da web ocio en Galicia (http://ocioengalicia.com/lugo/); mentres que completan o espazo con Actividades infantís e xuvenís de verán completamente desactualizadas.
Mentres que no relativo ás reservas das rutas fluviais, pese a tratarse dun dos principais recursos do Sur da provincia, a Deputación pública o seguinte anuncio: Aviso: a tempada de rutas fluviais 2017 finaliza o 29 de outubro. a través deste medio informarase da data de inicio da tempada 2018.
Unha situación semellante ocorre ao entrar nos enlaces ás reservas da biosfera. No de Terras do Miño figura: Non se pode acceder a esta páxina; mentres que no dos Ancares lucenses atópase información xeral sen existir datos tan básicos como onde comer, onde durmir ou onde se atopan as pallozas.
Establecen límites aos concellos en materia turística
De igual modo, dende o Grupo Provincial do PP tamén se amosan críticos ante o feito de que o equipo de goberno limite no Plan Único cos Concellos o importe das achegas aos municipios para accións destinadas á promoción do turismo a unha contía igual a 6.000 euros para a celebración de eventos turísticos, feiras, mercados, festas de exaltación de produtos e recursos locais. Neste caso, explican dende o PP “estamos a falar dunha liña de axudas que se establece en base a un reparto equitativo que limitan, mentres que se asinan convenios específicos cun número limitado de concellos por importes moi superiores”.
Polo tanto, os populares reclaman unha maior implicación e máis traballo, xa que estamos a falar dun sector de vital importancia na provincia. “Dispoñen dunha partida de 400.000 euros e todo o que ofrecen é un spot e unha web sen información nin imaxes que trasladen a realidade turística da nosa provincia”. “Nin tan sequera ofrecen o máis básico: un mapa cos recursos turísticos da provincia”.




















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



