Lugo, 24 de xaneiro de 2018.- O Grupo Provincial do Partido Popular pídelle á Deputación de Lugo que fixe de maneira urxente os prezos por praza dos centros de atención á terceira idade acordes co fin do servizo social que prestan -baseados nos pertinentes informes técnicos- de cara a avanzar na súa pronta apertura. Os populares demandan esta actuación despois de que o consello de administración de Suplusa dera hoxe luz verde á primeira residencia, a de Castroverde.
Solicitan ademais que se convoque a unha reunión ás persoas seleccionadas para traballar nos centros de maiores e que se abra unha inscrición de usuarios interesados.
Apertura da residencia de Castroverde
Os populares recordan que tiveron que recorrer á Xustiza para chegar á situación de hoxe, defendendo un cambio na modificación estatutaria de Suplusa que permitise a apertura das residencias na provincia, o que fai posible que hoxe o consello de administración da entidade valide a posta en marcha do centro de Castroverde. “Se hoxe celebramos esta apertura é grazas ao traballo que ten feito o PP, pese aos paus nas rodas que puxeron os socialistas ao longo destes anos”.
O Grupo Provincial do PP agrade de xeito especial ao presidente de Suplusa que cumpra a palabra dada, a pesar das mentiras e os atrancos que puxeron os seus compañeiros de Goberno. Así, cómpre recordar que o centro de Castroverde se trata dun proxecto para persoas non dependentes, o que clarifica moitas cousas e bota por terra moitas das escusas que levaban poñendo durante anos.
Na moción que presentan os populares solicítanlle ademais á Deputación de Lugo que continúe coa posta en marcha da residencia para maiores do Concello de Castroverde coa xestión por parte da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A.
Un compromiso que vén do ano 2010
Os populares recordan que o Pleno da Deputación Provincial de Lugo aprobou por unanimidade en sesión ordinaria de 26 de outubro de 2010 a construción e xestión de distintos centros de atención á terceira idade na provincia de Lugo, así como a encomenda deste proxecto á Sociedade Urbanística Provincial de Lugo S.A.
Nas cláusulas dos convenios para a construción e xestión destes centros entre a Deputación Provincial de Lugo e os diferentes concellos establecese, por un lado, que a Deputación Provincial de Lugo se compromete a fixar uns prezos por praza acordes co fin do servizo social que presta baseados nos pertinentes informes técnicos e, por outro lado, que a Deputación de Lugo e o concello pertinente se comprometen á creación dun órgano responsable de impulsar a consecución dos obxectivos que se marcan nos convenios asinados entre ambas as partes.
Despois de sete anos, o pasado 8 de xaneiro a residencia de Castroverde obtivo a autorización de inicio de actividades, sendo o primeiro destes centros en conseguir esta autorización, polo que o PP pide que se sigan dando pasos para a apertura destes centros.
Por un lado, fixando de forma urxente os prezos por praza para as residencias. Solicitan ademais na súa moción que se creen os órganos responsables de impulsar a consecución dos obxectivos que se marcan nos diferentes convenios para a construción e xestión dos centros de atención á terceira idade e que ditos órganos sexan representativos da actual proporcionalidade existente, tanto no Pleno da Deputación Provincial de Lugo, como no Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo, S.A.




















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



