A Mariña, 11 xaneiro 2018. “Suplícase (…) se acorde estimar integramente o presente recurso, declarando a nulidade ou subsidiariamente anulando o acto administrativo impugnado, deixándoo sen efecto e recoñecendo o dereito das traballadoras afectadas á reincorporación nos seus postos de traballo”.
Así remataba o recurso de alzada interposto pola CIG diante da Delegación Territorial da Consellería de Traballo o 28 de outubro de 2010, co que se iniciaba un longo camiño administrativo e xudicial que rematou o pasado mes de decembro de 2017. A mediados deste mes, o Tribunal Supremo declara a non aceptación a trámite do recurso interposto pola Fábrica de Cerámica de Sargadelos e, polo tanto, dálle firmeza á sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo de 3 de decembro de 2014 e que fora ratificada polo TSXG en decembro de 2016.
Ambas sentenzas avalaban a petición inicial da CIG de nulidade do ERE de extinción de postos de traballo redactado unilateralmente pola empresa en setembro de 2010 (sen contar co apoio da plantilla nin do Comité de Empresa), a súa aprobación pola administración e a posterior aplicación parcial co despedimento de 8 traballadores e traballadoras no mes de outubro do mesmo ano.
A CIG iniciou este camiño pola vía administrativa ante o mandato da asemblea de traballadores/as, mandato que fora incumprido polos sindicatos que ostentaban a maioría nese momento no Comité de Empresa.
Vemos ratificada, por fin, a nosa denuncia de que a empresa non aportou a documentación precisa para a negociación do ERE, ao negar a realidade de que formaba parte dun grupo empresarial e, polo tanto, a empresa tiña que ter aportado información económica de todo o grupo e non só da Fábrica de Sargadelos. A Delegación da Consellería de Traballo tiña, coa lexislación daquela época, a potestade para aprobar ou non o ERE e, incomprensiblemente, non atendeu á nosa reclamación.
Aínda que este aspecto é suficiente para anular a aprobación do ERE, había outro argumento, recollido no propio e preceptivo informe da Inspección de Traballo, que tamén debera ter provocado a non autorización do ERE por parte da administración autonómica. Trátase da ausencia de criterios de selección do persoal “elexido” para o ERE, dos que segundo a Inspección “non se achega ningún tipo de información, documentación nin xustificación sobre o sistema utilizado para (…) designar aos afectados”. A propia sentenza recoñece explicitamente que a administración non debera ter admitido o ERE proposto pola ausencia deste requisito.
Resulta evidente, e contrario ao manifestado publicamente por algún responsable do Partido Popular naquel momento, que a Delegación de Traballo non se limitou a “actuar en base aos informes técnicos”, senón que máis ben ignorounos.
Sabemos que a lentitude da xustiza é froito da falta de recursos e investimentos, pero sete anos para resolver unha cuestión de tanta trascendencia para unha empresa e, sobre todo, para as verdadeiras vítimas, os traballadores, é un período de tempo a todas luces excesivo. Non temos a mais mínima dúbida de que a responsbilidade de ter chegado a este punto é da empresa por ter feito mal as cousas no seu momento, pola súa incapacidade para negociar, pola teimuda estratexia de adiar os problemas mediante o recurso da “patada adiante”. A administración autonómica tamén cometeu erros de consideración e ignorou as nosas alegacións, o informe que presentamos diante da Consellería, reunións coa Dirección Xeral de Relacións Laborais, presentación de máis de 5000 sinaturas, concentracións., manifestacións…
Agora a Fábrica de Sargadelos tén que remediar esta inxustiza, rematar co pesadelo que levan padecido estas oito vítimas e executar a sentenza que anula a resolución que aprobou o ERE e que recoñece o “dereito das persoas traballadoras afectadas á reincorporación aos seus postos de traballo, con aboamento das cantidades deixadas de percibir en concepto de salarios dende as extincións dos seus contratos así como a retroacción da alta co aboamento das cotas correspondentes na Seguridade Social”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



