O vindeiro mércores, día 31 de xaneiro, cómprense 25 anos do pasamento do que acaso foi o focego mais popular de tódolos tempos: Lisardo Rivas, O Xico; histórico gardapraias,peza principal na soa e prestixo do areal da Rapadoira; porque súa presenza permanente nel, e as atencións que dispensaba ós visitantes, en tempos de tan precarios medios de salvamento e socorrismo, él era unha garantía,cando nas demais praias do litoral a penas se coidaba tal aspecto.
No libro “Foz, un lugar de ensueño”, do que é autor o que suscribe que, dous anos antes, publicara a editorial Everest, na súa prestixosa colección de Guías Turísticas; referido ó singular persoeiro, escribimos: “ Nació en Foz hace sesenta años. Es, puede decirse, un hijo del mar; su infancia, vivida en años de grandes hambres, fue mecida por los vaivenes de las lanchas en “a ribeira” y, el murmullo de las olas que morían a sus pies, enmacaron toda la sonoridad de sus vivencias infantiles; el sol, la lluvia y la brisa marina curtieron su piel, llegando a producirse una plena identificación entre el hombre y su medio natural. Familiarizado de siempre con el mar, su anatomía se desarrolló armónicamente como resultado del permanente ejercicio; el amplio tórax le otorga aspecto de avezado nadador. Paralelamente se formaba un alma ingenua y bondadosa y un corazón que desborda su amplia caja torácica. Es, en resumen, un tritón con alma de niño. Es Lisardo Rivas, el tan popular Xico; un hombre modesto, servicial, humilde que ha auxiliado a decenas de personas en trances difíciles y que cuenta con el afecto de cuantos le trataron, que son centenares…”.
Para o enterro, o cadaleito saíra da Casa do concello, cuberto pola primeira Bandeira Azul concedida a un areal da Mariña, en recoñecemento ao labor excepcional desenvolto por Lisardo, sen dúbida o maior artífice desde 1º galardón concedido á Praia da Rapadoira. O xentío, que agardaba para acompañalo ó seu derradeiro aposento, rendiulle emocionado homenaxe, cun afervoado aplauso.Vinte e cinco anos despois lembrámolo con agarimo.
Ricardo Cámara Lastra e o nome do debuxante, humorista e escritor que firma os seus traballos con pseudónimo de Sir Cámara: colaborador de numerosas publicacións escritas e espacios radiofónicos é, sen dúbida, un dos mais grandes; un clásico do humor que hai un tempo estivo de actualidade pola publicación do que era o seu octavo libro, titulado Homo Scrotalensis. Supervivente da lendaria La Codorniz, que se subtitulaba “La revista más audaz para el lector más inteligente”. Entre os seus grandes humoristas (Mingote, Chumy Chúmez, Forges, Kalicatres…) atopábase Sir Cámara, a quen, en Santiago, o entrevistara un xornal galego:
— Siempre has tenido mucha relación con Galicia…
— Siempre; desde muy pequeño. Me llevaron de chiquitín a Foz, y El Xico, entonces vigilante de la playa, me enseñó a nadar.Lo hizo de una forma muy natural. Me llevó en un patìn aguas a dentro, y allí me tiró al agua y me dijo, en gallego:”ahora vuelves..”. Creo que tiene un monumento en la playa A Rapadoira. Era todo un personaje. Alguien muy entrañable.” Desta evidencia foi testemuña Sir Cámara…
Transcurridos 25 anos do seu pasamento, lembrámolo con agarimo.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



