É o momento, non sei a que esperan, nunca o panorama político do Estado estivo tan propicio para que Galicia mellorase. Se fosemos listos os tempos eran chegados. A debilidade do PP, vestida de firmeza á hora de actuar en Cataluña, tiña que ser a oportunidade para reclamar máis competencias e maior autogoberno para Galicia. Tendo claro que o Presidnete Apoucado non o ia facer, tiña que ser ese autodenominado grupo confederal de En Marea o que fose digno coa nosa Terra apretando cos seus deputados ó PP de Rajoy e pactando solucións como fan outros. Pero non é, e seguidista da acción da Complutense, e por riba covarde.
Estou seguro de que Mariano está a disfrutar de esta lexislatura, os únicos capaces de ver a súa debilidade son o PNV e os canarios e ben que lles vai. Rajoy está curtido en mil e unha batallas: dende o PP galego ata o Estatal, sabe moi ben donde atacar para que todos bailen ó seu son, a experiencia fai que sexa o rei nun reino de cegos e covardes.
Agora, coa negociacion do presupuestos, era o momento de tirar a mochila, o momento de rachalo todo e de negociar co PP, máis e mellor calidade de vida para os galegos e galegas poñer os votos de En Marea a favor da Galicia non é un delito, a política consiste en facer o mellor para a xente. Pero para iso non se pode ter complexo nin rendir pleitesía á Complutense. En que se diferencian a C´s ou PSOE? Non vexo eu que os camarios se lles caia a xente e moito menos os vascos. Acaso ser un grupo confederal non da autonomía nas decisións? Acaso non é o PP o que ten a opción de goberno?
O problema é que ninguén entendeu, ou quixo entender, o mensaxe da xente o mandato das urnas. Que non é outro que se negocie, por certo tampouco o PP, espero que o resultado catalán lles sirva de bálsamo educativo.
Para min ten máis pecado aínda en aqueles que viñan a mudalo todo, a cambiar as formas, a facer nova política, eu pregunto: onde está a nova política? Espero que os galegos e galegas que acreditaron en esta candidatura, para ter un grupo galego, tomen boa nota e pidan responsabilidades, máis por desgraza a min venme á cabeza aquelo de “Dios da pan a quen non ten dentes”.
Mentras Rajoy, dende a súa experiencia, ri da acción política do grupo galego en Madrid, non está tan contento cando se enfadan os vascos ou canarios. Que oportunidade perdida, cantas cousas en xogo, canta ilusión perdida. Ó final de que sirveu?
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.



