Lugo, 4 de xaneiro de 2018. A Rede Museística da Deputación de Lugo rexistrou un aumento no número de visitas con respecto ao 2016. Coa excepción do Museo Pazo de Tor, que permaneceu pechado ao público por traballos de desinsectación e mantemento nos meses de maio e xuño, o resto dos museos incrementaron considerablemente o número de visitantes, pasando dos 102.876 aos 110.749, o que supón un incremento de máis dun 7% con respecto ao 2016.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, subliñou que “dende o Goberno da Deputación programamos actividades, exposicións e visitas ao longo do ano co obxectivo de aproveitar o noso patrimonio material e inmaterial, ao tempo que fomentamos o turismo cultural. Cómpre destacar que o número total de visitantes aumentou en 7.783 con respecto ao ano 2016, o que supón un incremento dun 7% nos 4 museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo”.
O número de visitas experimentou un incremento xeralizado nos museos da Rede Museística. No Museo Provincial de Lugo, foron 4.368 visitantes máis, en total 51.872. No Museo Provincial do Mar foron 2.815 visitantes máis, en total 25.127. No Museo-Fortaleza San Paio de Narla foron 836 visitantes máis, en total 25.266. O único museo que experimentou unha diminución do número de visitantes foi o Pazo de Tor, que permaneceu pechado en maio e xuño por traballos de desinsectación, e por iso recibiu 2.108 visitas menos que en 2016, un total de 8.484.
Xullo e agosto, os meses con máis visitas
Os meses do ano onde se rexistraron un maior número de visitas nos 4 museos da Rede durante o 2017 foron xullo con 12.700 visitantes e agosto con 18.641 en total. Os meses con maior repunte con respecto ao 2016 foron abril, cun incremento do 25% e setembro, cun incremento do 16%. O Museo do Pazo de Tor, rexistrou un aumento do 42% en abril, cun total de 1.248 visitas. O Museo Provincial de Lugo, rexistrou un aumento do 22% en setembro, con un total de 4.450 visitantes nese mes.
Recoñecementos á Rede Museística
A Rede Museística Provincial é única institución a nivel nacional que traballa coa sociomuseoloxía, un modelo de xestión que converte o museo nun elemento de cohesión social con todos os actores da sociedade, na procura dun futuro máis sostible. Por esta labor en defensa dos dereitos das persoas, a Rede Museística da Deputación recibiu 5 recoñecementos, os cales foron:
– O premio Integración social 2017, que outorga a Fundación Anade, polos proxectos da Rede Museística en defensa da plena inclusión das persoas
– O Banco Galego de Boas Prácticas incluíu a labor da Rede Museística da Deputación en Xestión Cultural polo seu plan de inclusión social posto en marcha
– O proxecto Nos+utrxs en Rede recibiu a mención de honra no Premio Iberoamericano de Educación e Museos, polo seu papel en prol da igualdade de xénero
– O proxecto Guerrilla de palabras: o oficio de palabreiro é unha das dúas iniciativas internacionais seleccionadas por Ibermuseos para desenvolver ao longo deste ano
– O MINOM recoñeceu a labor social da Rede Museística da Deputación, escollendo a nivel mundial o Museo do Pazo de Tor para custodiar o seu arquivo documental.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



