Lugo, 12 de febreiro de 2018. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns a nova programación de actividades gratuítas que organiza o Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao primeiro trimestre do 2018. Trátase de 6 novas actividades, nas que poderán participar 115 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, totalmente de balde. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do vindeiro mércores 14, ás 12:00 horas, a través da páxina web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812.
Fernández Queipo subliñou que “neste primeiro trimestre do ano a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades”.
Programación das actividades
Becerreá
O Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de conservas artesanais. Mércores 7 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de elaboración de licores artesanais. Mércores, 21 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
Cervantes
O CPI de Cervantes acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de elaboración de queixos frescos. Mércores 28 de febreiro, de 16:00 a 19:00 horas, e mércores 7 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de deshidratación de froitas e hortalizas. Mércores 14 de marzo, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
Navia de Suarna
A Escola de Barcia acollerá as seguintes actividades:
– Obradoiro de herbas máxicas para a fabricación de ungüentos. Mércores, 21 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 20 prazas para adultos.
– Obradoiro de arxila para nenos. Venres 30 de marzo de 16:00 a 20:00 horas. Actividade con 15 prazas para nenos.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



