Alfoz, 09 de febreiro de 2018. A gala benéfica “Alfoz solidario”, celebrada o pasado sábado a favor da Asociación Española Contra el Cancer, recaudou 4.726,25 euros. Os beneficios obtidos na gala foron conseguidos a través da recadación da cea na que participaron 340 persoas, que aportaban 5 € de donativo por comensal, así como pola da venta de rifas durante a gala, na que se sortearon os 120 agasallos donados por diferentes locales comerciais da comarca, e a través de donativos particulares entregados por aquelas persoas que non puideron asistir e que formaron a mesa cero.
Os promotores da iniciativa indican que incluso durante esta mesma semana recibiron novos donativos que deron lugar ao total da recadación que será entregada á Xunta Provincial da AECC en Lugo, que cumpre 60 anos desde a súa fundación, e cuxo primeiro presidente foi o vecino de Alfoz, José Pérez Mel.
Desde a organización, formada por Dora Trobo, Conchita Pardiñas, Natalia Andón, Ana Carballo, Marisa Rubal, María José Seco, Carmen Geada e Xabier Pardiñas, queren agradecer a implicación de todas as persoas participantes así como dos establecementos colaboradores, e indican que “o esforzo para a organización do evento vese recompensado pola gran impliación dos participantes”. Ademais, os organiadores pretenden fixar o primeiro sábado de febreiro como data para acelebrción de vindeias edicións, ao ser o día catro de febreiro o Dia mundial contra o cancro.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



