Alba Sánchez Ares, veciña de Santiago de Compostela, plasmou na carta o seu namoramento cara Ribadeo, por onde pasou por primeira vez o pasado verán. O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, parabenizouna e fíxolle entrega dunha peza exclusiva de cerámica.
A gañadora do IV Concurso de Cartas de Amor, convocado pola galería ribadense Terra Branca, recolleu nas últimas horas o seu agasallo
-
Anterior
O Presidente da mancomunidade de municipios da Mariña considera urxente unha reforma integral da N-642. Alfredo Llano subliña que hai tramos en Nois e Cervo nos que as fochancas son cráteres. Así llo comentou este mércores ao xefe da demarcación de estradas en Galicia, Ángel González del Río





















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



