Lugo, 16 de febreiro de 2018. O Goberno da Deputación abriu este venres o prazo de solicitude para participar nos Campus de Motivación e Maduración Empresarial, pertencentes ao V Campus de Emprendemento Sostible, con prazas para 40 persoas, que se celebrarán durante a primeira quincena de marzo. A través desta iniciativa o Executivo da Deputación ofrece gratuitamente a todos os lucenses formación, asesoramento individualizado e coñecemento in situ sobre proxectos empresariais exitosos, con visitas aos mesmos e encontros cos emprendedores, co obxectivo de poñer en marcha os seus propios establecementos en calquera dos 29 Concellos que integran as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses.
Os interesados poden apuntarse ata o 5 de marzo no espazo que se atopa habilitado en www.deputacionlugo.gal. Poderán inscribirse en calquera dos dous seguintes Campus, cuxas clases formativas se impartirán no Centro de Interpretación, situado no Paseo do Río Rato, na capital lucense:
Campus de motivación empresarial: (20 prazas) abordaranse os elementos principais a ter en conta á hora de abrir unha empresa, as oportunidades de negocio na provincias, os proxectos exitosos postos en marcha… As sesións teóricas terán lugar o 6, 7 e 8 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 9 de marzo.
Campus de maduración empresarial: (20 prazas) traballarase a maduración da idea empresarial de cada un dos participantes, analizando, por exemplo, a súa viabilidade comercial, técnica e legal a través da metodoloxía Canvas, o enfoque medioambiental con exemplos prácticos ou a viabilidade económico-financeira a 5 anos. As sesións teóricas desenvolveranse o 12, 13 e 14 de marzo en horario de 10:00 a 14:00 horas. Haberá visitas a empresas o 15 de marzo.
21 empresas xeradas
As catro anteriores edicións do Campus de Emprendemento Sostible supuxeron polo de agora, pois continúa o asesoramento para a posta en marcha de máis proxectos empresariais, dun total de 21 novas empresas na provincia e, polo tanto, de novos postos de traballo no conxunto do territorio lugués. As empresas de recente creación son as seguintes: A horta da Sancoveiga; Esther Fernández Díaz; Nenea, medrar creando; Avogar; Bico de Grao; PK3 Ingenieros; Marmeladas Acea de Olga; WiseKid Summer Camp; Mel Casa Príncipe; Explotación Extensiva de Gando Vacún; Abadía; Bufarda Arquitectura; Esmorga Eventos; Galimós: A nosa granxa de galiñas de Mós; M3 Aguas: ingeniería ambiental; Tu alicate, tenda online de ferramentas; Artesanía Calabazas Mago de Luz; Centro Shalom; Caserío Meiroi; Elexes, más que electricidad; Hotel Os Ancares.





















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



