LUGO, 12 de febreiro de 2018.- O secretario de Organización e deputado autonómico, Daniel Vega, pon en valor o esforzo inversor da Xunta de Galicia para impulsar o medio rural e asentar poboación no mesmo, a través de iniciativas como os Plans de Mellora e de Incorporación. E é que, “grazas a estas iniciativas, lideradas por un Goberno do PP, comprometido co sector agrogandeiro e o campo en xeral”, o que se pretende, indica, “é pasar de labregos por obrigación a gandeiros por vocación”, endendéndose esta última dende unha pespectiva da formación e da profesionalización.
Concretamente, en 2017, 1.064 mozos asumiron a titularidade de explotacións de carne e de leite en Galicia; “unha cuestión que considero non é menor, pois se traduce en emprego e en autoemprego”. Desta cantidade, preto de 200 corresponden á provincia de Lugo, é dicir, case o 20% de toda a Comunidade.
Para o popular, a aposta da administración autonómica cobra máis importancia se se ten en conta que, con este tipo de Plans, tamén se avanza nas melloras da xenética, da alimentación do gando, así como do manexo e do benestar animal.
“O rural temos que dotalo de orzamento, pero se ademais xuntamos formación e vocación, danos profesionalización, e esta profesionalización é significado de futuro. Por tanto, se a Xunta de Galicia segue traballando nesta senda, haberá unha actividade económica con mimbres importantes para crear postos de traballo directos e indirectos nas explotacións”, explica o deputado autonómico.
Asentamento de poboación e relevo xeracional
Deste xeito, con estas medidas arbitradas polo departamento que dirixe Ánxeles Vázquez, cada nova incorporación leva aparellada unha axuda de 25.000 euros, ademais dun adianto do 60% para emprender o seu proxecto de vida no rural, contribuíndo así, indica, “a paliar o forte declive demográfico que temos e a incentivar o relevo xeracional; outros dos obxectivos nos que está a traballar intensamente o Goberno de Feijóo”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



