Foz, 22 de febreiro de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe as obras dun novo hotel que se constrúe na localidade de Foz, iniciativa que apoia a Consellería do Medio Rural a través do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda.
Balseiro subliñou que este é un dos 14 proxectos que impulsa o GDR na última convocatoria, que suman axudas por importe de 841.000 euros sobre un investimento mobilizado de 2,9 millóns.
Dáse a circunstancia de que dous dos proxectos produtivos que apoia o GDR son para a creación de establecementos de aloxamento, o cal, afirmou o delegado, “será bo para a localidade ao incrementar as prazas dispoñibles nunha zona eminentemente turística como esta”.
En concreto, o hotel que hoxe visitou o delegado pretende abrir como establecemento de catro estrelas, preto do mar e con servizos complementarios de restauración e ocio. Terá unha superficie de preto de 1.000 metros cadrados e un aparcamento de 900 metros cadrados.
“Unha das principais vantaxes que reporta o funcionamento dos GDR -asegurou Balseiro- é que están pegados á realidade do territorio, e promoven medidas tanto produtivas, que crean movemento económico e postos de traballo, como non produtivas, que axudan á dinamización social do entorno”.























A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



