Cervo, 22 de febreiro de 2018.- O Concello de Cervo homenaxea a figura de Rosalía de Castro coa programación dunha serie de actos culturais que terán lugar ao longo de toda a semana.
Así, este sábado 24 de febreiro, coincidindo co 181 aniversario da escritora galega, inaugurarase un traballo expositivo sobre a súa vida e obra. Será na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de San Cibrao. Son 20 paneis nos que se fai un percorrido pola figura de Rosalía de Castro, que se poderán visitar este sábado pola tarde, e durante todo o mes de marzo, de luns a venres. A continuación, o traballo será trasladado á Sala de Exposicións da biblioteca de Cervo, onde permanecerá exposto durante todo o mes de abril.
Ademais, para o mércores 28 de febreiro, a delegación de Cultura ten previsto un obradoiro infantil no que se abordará a vida e obra da poetisa. Será de 18:00 a 19:00 horas na biblioteca de San Cibrao; e está dirixido a nenos de 1º a 6º de primaria. Enviaranse as inscricións aos centros educativos do municipio e tamén poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).
A maiores, desde o sábado e durante toda a semana, as redes sociais do Concello irán incorporando contidos relativos á escritora e retais da súa obra para compartilos con todos os seguidores destas plataformas dixitais.
Pero o prato forte desta Semana dedicada a Rosalía de Castro terá lugar o vindeiro sábado, 3 de marzo. O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron hoxe a actuación do artista berciano Amancio Prada, “que leva toda unha vida poñéndolle voz aos poemas de Rosalía con esa sensibilidade que o caracteriza”.
A cita, con entrada libre e de balde, será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
Villares e Caramés apuntaron que se trata dunha oportunidade única “para recordar a figura de Rosalía e mergullarnos na súa obra a través da música e da voz dun referente neste país, ao que lle temos que agradecer que comparta con todos os cervenses e con aqueles que desexen visitarnos ese día, a celebración desta efeméride”.
Amancio Prada presentará en Cervo o seu traballo Resonancias de Rosalía, editado no 2014, no que recolle e reinterpreta todas as cancións que compuxo sobre poemas da escritora escollidos e inspirados nos seus tres libros esenciais: Cantares Gallegos, Follas Novas e En Las Orillas del Sar.
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a participar nesta homenaxe a toda unha icona das letras galegas, como é Rosalía de Castro.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



