Viveiro 8-2-18. Baixo o lema “Ven ó Centro Comercial Histórico de Viveiro e déixate namorar polo seu comercio” a asociación de comerciantes pon en marcha a partir de mañá 9 de Febreiro a campaña de San Valentin 2018. Nesta ocasión sortearase una escapada romántica a Paris do 9 ó 12 de Marzo.
O premio inclue 3 noites nun hotel 3* con almorzo, vó dende Santiago a Paris e viceversa, e seguro de viaxe.
O xeito de participar é moi sinxelo, o Xoves 15 de Febreiro instalarase a carpa da Asociación na Praza da Fontenova, en horario de 11 a 13:30 e de 17 a 20 horas. Os interesados poderán participar entregando un ticket de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. No reverso do ticket porán os seus datos de contacto e depositarase nunha urna habilitada ó efecto. A data dos tickets de compra poderá ser dende o venres 9 de febreiro ata o xoves 15 de febreiro.
O sorteo realizarase ese mesmo día, 15 de Febreiro ás 21:00 horas nas oficinas da Asociación. Comunicaraselle de inmediato ó gañador. No caso de renuncia ó premio, procederase á extracción dun novo ticket ata que apareza gañador.
Con esta campaña, a asociación de comerciantes aposta unha vez máis por premiar a fidelidade dos seus clientes, cun agasallo moi especial para estas datas.
As bases do sorteo e toda a información pódense consultar na web www.viveirocentro.com, e nos perfis de Facebook, Twitter e Instagram.
CAMPAÑA DE ENTROIDO
A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro participa este ano nos premios do desfile do martes de Entroido otorgando 2 premios, o premio CCHV á orixinalidade dotado con 150€ en efectivo e o premio CCHV ó humor dotado tamén con 150€.
Este ano como novidade patrocinará unha carroza, que será a realizada por Aspanane, contribuindo deste xeito a sufragar os gastos nos que incurre o colectivo na decoración da carroza.
O Xoves 8 teremos un Juepeo especial.. “Juepeo de Comadres” con tapas relacionadas ca gastronomía típica da época de Entroido, e productos que podemos atopar nesta época do ano.
Dende a Asociación tamén animamos qa comerciantes e hostaleiros a que se disfracen e decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas.
Durante todos estos días as ruas de Viveiro estarán ambientadas con música de Entroido a través dos dous kilómetros de fio musical que temos instalados por todo o centro urbano de Viveiro.