Lugo, 18 de febreiro de 2018. Este luns remata o prazo para inscribirse nos 188 novos postos de traballo para lucenses no paro en todos os sectores, que xera na provincia o Goberno da Deputación co Ben Empregado IV, máis social. Os interesados poden facelo a través da oficina da Axencia de Colocación da Deputación, en San Marcos; na plataforma web (https://deputacionlugo.portalemp.com/index.php?lng=gl) e nos Rexistros Provinciais. Máis información no 982 26 02 04.
Esta cuarta edición do Ben Empregado, que financia en solitario o Executivo Provincial con 2,4 millóns de euros, permite financiar durante un ano os custos laborais de novos traballadores en entidades e asociacións da provincia. Tendo en conta as peticións dos solicitantes que resultaron beneficiados do Ben Empregado IV, o Goberno da Deputación financiará ao 100% os custos laborais de 19 lucenses no paro con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social, ao 90% os de 39 persoas sen traballo que serán contratadas en colectivos e asociacións e ao 50% a 130 veciños desempregados que comezarán a traballar en entidades da provincia.
3 liñas de financiamento
– O Goberno da Deputación ofrece o 100% da axuda ás entidades que contraten persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral. Son 19 as empresas que solicitaron esta liña e resultaron beneficiadas e que contratarán a outros tantos lucenses desempregados en dita situación.
– O Executivo Provincial ofrece o 50% da axuda ás empresas que contraten a lucenses actualmente no paro en xeral. 130 entidades optaron por esta liña de financiamento e contratarán a outros 130 veciños da provincia en situación de desemprego.
– A outra liña de financiamento está dirixida exclusivamente a colectivos sociais da provincia, aos que se lles ofrece o 90% da axuda para reforzar a súa actividade social con veciños no paro. Son 39 asociacións as que resultaron beneficiadas e polo tanto poderán contratar a 39 novos traballadores.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



