O día 3 de febreiro, é San Blas; e ten lugar a primeira festa do ano do concello de Foz; celébrase no barrio de Vilaxoane. A ermida, sinxela, pero moi coidada e conservada, dado o interese dos veciños, atópase, en fermoso lugar,no inicio da estrada que da vila leva á basílica de San Martiño. É dunha nave cuberta ás dúas augas, con arco de trunfo, e capela maior. Nela óllanse as imaxes de San Blas, San Xosé, San Roque e a Virxe co Neno, éstas dúas últimas do século XVIII. Posúe retablo dun corpo, con catro columnas salomónicas, nas que se contempla un Cristo e unha imaxe de San Caetano. As mesmas, según as crónicas, viñeron de Nápoles, e atribuen a construcción da mesma ao Conde de Gimonde, Conselleiro nas Indias a quen, según contan, débese o nome de Vilaxoane a unha filla dos seus devanceiros, chamada Xoana.
A de San Blás é romaría entrañable, á que acude xentío da vila e da bisbarra, pois en boa medida pervive a crenza de que o santo é abogoso das doenzas da gorxa, ao que os crentes se encomendan, ao tempo que se realiza o vello rito de “poñer o Santo”.
O aspecto lúdico tradicional xira en torno ós bailes que hai moitos anos tiñan por marco a “aira de Morán”; logo serían no salón da Corredoira ( Xoíña), onde se competía co “baile da escoba”, que se ben non era espectáculo artístico nen estético, era divertido e moi participado.
O tempo desapacible, que en tales datas acostuma, deixou unha referencia histórica: en 1954 o contorno viviu a mais grande nevarada que lembramos; tanto que impidiu que se celebrase a festa, pois a orquestra Ritmo, de Mondoñedo, non díu chegado ó lugar da mesma. Hoxe unha ampla carpa protexe das inclemencias e alí terá lugar, amais dos consabidos bailes, o “día dos callos” que, co “pan de San Blas”, son as singularidades gastronómicas da ocasión.
Ogallá que o día 3, a climatoloxía sexa favorable, e que alguén poida facer a encomenda: “Se vas ao San Blas tráeme un Blasiño, que non sexa moi grande nen moi pequeniño…”
A capela de San Blas, coas do Pilar na Espiñeira e a desaparecida de San Xoan, na finca que arrodea o Asilo, pertencían ó Condado de Guimonde, cuxas propiedades que tiña por toda Galicia, foron liquidadas polo Maiordomo, a finais do S.XVIII, ó finar sen descendencia o último Conde e, p




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



