Foz 2-2-18. A asociación cultural A Pomba do Arco organiza xa a próxima edición do Touporroutou que se celebrará o domingo 11 de febreiro a partires das nove da noite no salón de actos do Colexio Martínez Otero.
As razóns que motivan o cambio de emprazamento do Touporroutou, e o conseguinte abandono do lugar de celebración habitual nos últimos anos, a Casa da Cultura de Foz, responden á necesidade de atopar un espazo máis amplo, xa que nos últimos anos a Casa da Cultura ficara pequena para o evento, quedando moitos veciños sen poder entrar ao espectáculo. Así mesmo buscan ofrecer un recinto máis cómodo e con máis espazo para os asistentes, obxectivos que cumpre o novo emprazamento con capacidade para cincocentas persoas.
Dende A Pomba do Arco queren agradecer á dirección do Colexio Martínez Otero a boa disposición e a axuda prestada para acoller esta nova edición do Touporroutou.
Tamén demandan a colaboración veciñal para facer deste acto do Antroido focego un éxito como nas pasadas edicións. Neste sentido queremos informar a todos os veciños e veciñas de Foz que xa poden achegar as súas coplas para o Touporroutou depositándoas nas caixas que xa instalou a organización en diversos establecementos hoteleiros locais, e concretamente no Anduriña, Dandy, Pizzería Xoiña, May-Ros, Esquina, Taberna, Acuario, Funcional, Rente ao mar e Muelle bar.
O termómetro do éxito e da saúde do Touporroutou son a cantidade das coplas que fornecen os veciños e por iso queremos animalos a que elaboren as súas propostas para ser lidas o Domingo de Antroido no Martínez Otero”
Dende A Pomba do Arco sinalan que o Touporroutou é un espazo para o humor máis ácido, pero tamén o máis intelixente, mantendo como un lugar para a crítica e a participación social, onde os focegos e as focegas poidan verter a súa opinión sobre aquilo que lles preocupa, lles chama atención ou simplemente entenden que debe ser lembrado.
A edición deste ano manterá o formato dos anos anteriores, mesturando a montaxe da equipa organizadora, encabezado como coma sempre por Tono e os seus amigos colaboradores, e das pandereteiras da Subela. Mais tamén introducindo novidades, favorecidas polo espazo e a vocación de reinventarse que ten o evento desde as súas orixes.
A presente edición ten unha significación moi particular para asociación A Pomba do Arco, xa que se cumpre o vinte cinco aniversario da actividade. O Toporroutou celebrouse por primeira vez en 1990 porén en todos estes anos en tres ocasións deixouse de celebrar por motivos diferentes. Ao tempo a actividade pasou por diversas localizacións comezando cun espectáculo ao aire libre na Praza de Mondoñedo no barrio do Campo da Cabana, continuando na propia carpa do baile do Antroido instalada no polideportivo, seguindo coas edicións celebradas no bar do Centro social da terceira idade até chegar á Casa da Cultura que este ano abandonamos.
Queremos quer, un ano máis, o Touporrotou sexa o punto de unión no que disfrutaremos das ácidas críticas, cantadas e recitadas en coplas, que a veciñanza focega ten entregadas. Anímate, colabora e critica no Touporroutou.























A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



