Lugo 22 de marzo de 2018. O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, inaugurou este xoves a II Xornada sobre a xestión municipal de residuos na provincia de Lugo, organizada polo Goberno da Deputación e a Asociación do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, enmarcada no convenio de colaboración que ambas entidades teñen asinado para a optimización da xestión de residuos nos concellos da Provincia.
Na xornada, que contou coa participación de Alcaldes, Concelleiros e técnicos dos 59 municipios lucenses que decidiron sumarse ao proxecto, expuxéronse os resultados do estudo elaborado pola Deputación e o Eixo Atlántico a custe cero para os Concellos. Fanno co obxectivo de ofrecerlles medidas individuais e comúns coas que reducir custos e facer unha xestión máis sostible. Os resultados deste estudo proveñen dos datos ofrecidos polos 59 municipios adheridos sobre a xestión do lixo no 2016. Analizouse, polo tanto, a prestación deste servizo a 191.676 habitantes lucenses, que representan o 57% da poboación da provincia.
Fernández Queipo apuntou que “dende o Goberno da Deputación estamos comprometidos nesta materia e, por iso, levamos a cabo da man do Eixo Atlántico, un novo estudo sobre a xestión de residuos na provincia. Cómpre subliñar a boa acollida que esta iniciativa acadou entre os municipios lucenses, pois sumáronse 9 novos Concellos con respecto á anterior análise. En base á información que achegaron, poderemos ofrecer aos municipios propostas coas que mellorar o funcionamento desta prestación e aforrar custos”.
O Deputado apuntou neste senso que “os resultados do último estudo amosan, entre outros aspectos, que hai moito camiño por andar nas cantidades recollidas de papel-cartón por habitante. Por iso, dende a Deputación de Lugo marcámonos o obxectivo prioritario de ofrecer aos responsables municipais alternativas máis eficientes mellorando a calidade do servizo de recollida de papel e cartón e o seu control e optimizando os recursos”.
O estudo sobre a situación do servizo de xestión de residuos do Goberno da Deputación busca aforrar os custes económicos dos Concellos da provincia que supoñen a recollida de lixo, cumprir coa legalidade e regulamento específico vixente e diminuír a contaminación ambiental actual. Os datos apuntan que se xeraron un total de 73.000 toneladas de residuos ao longo do ano 2016 nos 59 municipios participantes, das cales 7.300 toneladas correspóndense coa recollida selectiva, o que supón un 11% do total. O custe total estimado da xestión de residuos: recollida, tratamento, puntos limpos para os 59 municipios adheridos é de 15,5 millóns de euros. Por habitante, o custe medio é de 61 euros, mentres que o custe medio por tonelada nos municipios é de 185 euros.
Boas prácticas nos Concellos lucenses
Na xornada, ademais da presentación dos resultados do último estudo, a cargo do técnico do Eixo Atlántico, Manuel Rodríguez, tamén foi presentado o Proxecto Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Por outra banda, expuxéronse exemplos de boas prácticas en materia de xestión de residuos nos Concellos de Cervo, Guitiriz e Ribadeo. Para finalizar, tratouse a recollida de envases lixeiros e papel-cartón, así como a mellora na xestión dos puntos limpos.
Convenio coa Asociación do Eixo Atlántico
Deputación e Eixo Atlántico elaboraron a segunda análise sobre o funcionamento deste servizo nas entidades locais lucenses. Durante a xornada deste xoves, os representantes dos municipios coñeceron as necesidades, carencias e potencialidades que teñen neste servizo. Ademais, durante a reunión entregouse un informe individualizado para cada concello cos resultados, resolución de dúbidas existentes e análise da información entregada incompleta.
Evolución positiva da recollida selectiva
Os resultados do estudo mostran unha evolución positiva da recollida selectiva dende o ano 2010. Así, polo que respecta aos envases lixeiros, no 2010 recolléronse 6,6 quilos por habitante, mentres que no 2016 foron 8,2 quilos; en canto a papel-cartón, no ano 2010 recolléronse 8,1 quilos por habitante, mentres que no 2016 foron 10 quilos; finalmente, con respecto ao vidro, no 2010 recolléronse 11,1 quilos por habitante e no 2016 pasaron a ser 16,8 quilos de media.
Concellos adheridos
Os 59 Concellos da provincia que participan e colaboran con esta xornada son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Burela, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Foz, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Pantón, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, A Pobra Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas do Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xermade e Xove.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



