Santiago, 22 de marzo de 2018. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio estreará mañá un novo sistema de lectura das autorizacións de acceso ao monumento natural da praia das Catedrais que permitirá axilizar a comprobación e control dos permisos para visitar este espazo durante a Semana Santa. O persoal responsable de realizar estes controis disporá dunha nova aplicación para dispositivos móbiles que permitirá ler os códigos QR que levan incorporadas todas as autorizacións emitidas vía web.
Esta é a principal novidade no sistema de limitación de acceso ao areal que entrará en vigor desde mañá, 23 de marzo, e ata o vindeiro 2 de abril coincidindo co período de Semana Santa. Grazas a esta medida, espérase reducir de forma notable o tempo de comprobación das autorizacións para poder acceder á praia e, polo tanto, o tempo de espera dos visitantes, o que redundará tamén na calidade das visitas.
A diferencia principal co sistema anterior é que os controladores poderán contrastar automaticamente a autenticidade da autorización sen ter que solicitar o DNI a cada visitante para facer un cotexo manual, un procedemento máis lento e laborioso. O novos sistema de lectura de códigos permitirá tamén levar un conteo exacto do número de persoas que entran na praia e contrastalo logo cos que efectivamente solicitaron a autorización, o que permitirá coñecer o número de visitas reais en lugar dos visitantes diarios autorizados.
Por outra banda, durante a campaña de Semana Santa deste ano volverá establecerse un servizo de apoio ao uso público integrado por catro guías, encargados da función de verificación e xestión de visitantes, catro persoas que asumirán o control e xestión das áreas de aparcamento ao tempo que poderán realizar tarefas de apoio aos guías, e catro educadores ambientais, que desempeñarán labores de educación e información medioambiental, incluíndo a realización de visitas guiadas.
Neste sentido, ao igual que en campañas anteriores, ponse á disposición dos visitantes un servizo gratuíto de visitas polo areal. Estes percorridos serán dirixidos por catro persoas tituladas (dúas máis que as que había durante a Semana Santa pasada) e no transcurso dos mesmos darase información sobre os valores ambientais do monumento natural.
As visitas organízanse en dous grupos de 25 persoas cada un e desenvolveranse cada media hora durante a baixamar diúrna, polo que o número de visitas diarias oscilará entre 4 e 8, dependendo das condicións particulares da marea.
Cómpre lembrar que no plan de conservación do monumento natural, que entrou en vigor en xuño de 2015, detectouse que a principal ameaza para esta zona era a afluencia masiva de visitantes á Praia das Catedrais, que se incrementou nos últimos anos, especialmente en tempada alta e coincidindo con días festivos.
Por esta razón, acordouse a regulación do seu uso público, establecendo unha limitación diaria de persoas de 4.812 á zona de praia nos períodos de máxima afluencia, é dicir, durante os meses de xullo, agosto e setembro e na Semana Santa. O resto do monumento natural, pode visitarse libremente polas áreas habilitadas para o uso público: o sendeiro, o miradoiro, ou a área de descanso.
As vías dispoñibles para poder obter autorización para baixar ao areal nos períodos de acceso restrinxido son a través da páxina web ascatedrais.xunta.gal, desde a que se pode solicitar cunha antelación de 90 días naturais e facer ata 25 reservas por solicitante; o ticket do taxi onde debe constar o número de licenza, o traxecto desde Ribadeo ata a praia das Catedrais, o importe e o número de persoas transportadas na viaxe; ou os pases dispoñibles nos establecementos hoteleiros do concello de Ribadeo onde o visitante estea aloxado.
Tendo en conta o balance de visitantes dos dous últimos anos en Semana Santa, as xornadas nas que se prevé unha maior afluencia son o xoves, venres e sábado santo. En todo caso, nestes momentos aínda quedan prazas libres para poder baixar ata a Praia das Catedrais todos os días nos que se estableceu o período de limitación de acceso e tamén hai prazas dispoñibles para poder participar nas visitas guiadas, que se poden reservar a través da mesma páxina web.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



